Preocupación entre os gandeiros polos ataques aos seus rebaños

24, Abril 2012

Un carneiro morto e comido por cans foi encontrado no lugar de corzos, nas proximidades da localidade de Dacón. É o segundo suceso que se produce na Comarca nun intervalo de 4 dias, tras o acontecido na parroquia de Sagra, no que 20 ovellas resultaron mortas.

Despois de revisar os restos animais, púidose constatar que a morte non fora por asfixia como no caso do ataque da pasada semana en Sagra, xa que o colo non presentaba sinais de mordida, neste caso o ataque se produciu por enganche de varios cans, e despois de desfalecer, foi devorado vivo.

Os cans que atacaron son coñecidos por andar dende hai tempo libres pola zona de corzos, xa é a 2ª xeración que cría no monte, e pódeselles ver con relativa frecuencia polas inmediacións do ximnasio Olimpia. Antonio González, propietario do animal morto, tamén relata que " fai oito días estaba traballando a 3 km daquí, en Pousada e víuse como estes cans lle atacaban a uns becerros de José Luis, o veterinario, pero como éstes se defenden non lle deron feito nada", cabe recordar que estes tenreiros están protexidos por un cercado, a escasos metros das vivendas.

O dono do animal Antonio González  xa sufrira algún outro ataque había seis meses, neste caso eran cans destinados á caza do xabaril, o ataque saldouse cunha ovella morta.