Rouban 11.111 euros en efectivo, 5 ordenadores portátiles e 3 cámaras fotográficas na casa do concello de Piñor

21 Apr 2010
O caso está rodeado dun total mutismo por parte dos responsables municipais do Concello de Piñor, e do mesmo nada trancedeu oficial ou oficiosamente atá o dia de hoxe, cando se desvelou no programa "A Mañá de Cope O Carballiño". O roubo xa tería acontecido fai case un mes atrás, concretamente na noite do dia 23 de marzo pasado, aínda que atá tres dias despois, o dia 26 á unha da tarde non compareceu o Alcalde de Piñor, Francisco Fraga, ante a Garda Civil para presentar a correspondente denuncia. Según consta na mesma, entre as 8 da tarde do dia 22 e as 8 da mañá do dia seguínte, persoa ou persoas descoñecidas accederon ó interior das dependencias municipais, levandose 11.111 euros en diñeiro efectivo, ademáis de 5 ordenadores portátiles e 3 cámaras fotográficas, material que foi valorado en 11.200 euros. A tardanza en presentar a denuncia foi, según manifestou o propio Alcalde, seguindo recomendacións da policia, para facilitar a investigación. Malia a gravidade do acontecido, desde o Concello de Piñor non se facilitou ningunha información pública sobre o roubo e as circustancias nas que ocorreu, e tampouco evidentemente, polo tanto, se deron explicacións do motivo da existencia nas dependencias municipais dunha cantidade tan elevada de diñeiro. Os representantes da oposición muncipal, que se enteraron do acontecido a través desta emisora de radio, anunciaron que pedirán explicaciós ó Alcade de Piñor no transcurso do pleno municipal que está convocado para este xoves dia 22 ás 8,30 da tarde.

Comentarios

GRAZAS a Xan Pinal e ao seu

GRAZAS a Xan Pinal e ao seu equipo pola información sobre o roubo na Casa do Concello de Piñor. Non son adicto aos medios de comunicación,que ás veces máis que informar,engáñannos.Pero hai que recoñecer que noutros casos son imprecindíbeis para facer transparente a sociedade,sobre todo, cando outros tentan facela opaca e agachar o que non lles gusta.E isto é de agradecer. Como concelleiro,ninguén me informou do roubo acaecido no Concello,e os intentos que fixen por saber algo non pasaron de que " se tratou dun roubo duns ordenadores,razón pola que a xestión do Concello vai algo lenta nestes días".Quedei tranquilo,pensando que, por desgraza, isto é algo frecuente nos centros de traballo. Pero a cousa foi moito máis grave.E sóubeno pola información desa emisora. Por iso agradezo o servizo informativo aos cidadáns e que siga nesa liña de traballo. Xavier Saco,Concelleiro de Piñor polo BNG

No entiendo nada. En Cope

No entiendo nada. En Cope sale el locutor y habla de mutismo, de retraso en la denuncia, de que nadie sabía nada, incluso un concejal del PP asegura que se enteró gracias a esa emisora...luego en la Voz y en la Región se dice que el robo se denunció a los tres días por sugerencia de la Guardia Civil al propio alcalde, y lo peor es que el citado concejal del PP fue uno de los primeros que la Guardia Civil interrogó, el mismo día del robo, por vivir pegado al ayuntamiento.......Qué pàsa aquí?, miente la Voz, La Región y la Guardia Civil, y el alcalde, o solo lo hace el locutor y el concejal del PP....Claro, que tonto estoy, es que es un ayuntamiento del PSOE y la emisora del PP no puede soportar eso...Porfavor señor locutor no se tan mezquino que los ayontes no son tontos y escuchan o leen otros medios de comunicación y comprueban quién miente y quién no, o es que cuando le dieron la emisora sus amigos del PP le otorgaron también la posesión de la verdad absoluta?...Gracias por cambiar, que se que lo van a hacer y serán una verdadera radio informativa para esta comarca

También puede ser que uno del

También puede ser que uno del PSOE no acepte el oscurantismo de su propio partido.

Un concello sen alcalde.

Un concello sen alcalde. Esta é a sensación que temos os veciños de Piñor. Antes a moitos molestábanos que nos chamasen Piñor de Cea, pero como continúe moito tempo esta personaxe de "alcalde" o que teremos e que fusionarnos cos de Cea. Ao tanatorio hai que ir a Cea, ao fútbol hai que ir a Cea, ao pavillón hai que ir a Cea, ás piscinas hai que ir a Cea, as empresas están en Piñor pero o polígono estase facendo en Cea, en fín, non sigo que me abergoño a min mesmo. E por enriba o Sr. Fraga custanos 1500€ ó mes, un escándalo.

Vaiase señor Fraga, vaiase da

Vaiase señor Fraga, vaiase da alcaldía e faga o favor de non volver.

A oposición, e refirome o

A oposición, e refirome o grupo municipal do PP, si estaba enterada de todo, outra cousa é que lle queiran facer o caldo sucio ó alcalde de Piñor, porque o concelleiro do dito grupo Luis Gónzalez Rodríguez "Encrucillada", para máis señas sí o sabía. Agora queren cubrir o expediente dicindo que lle van a preguntar no Pleno de hoxe, todo propaganda. O que tiñan que que facer, na miña opinión, era poñer en coñecemento da "Cope" do Carballiño este feito, por unha sencilla razón, porque esta emisora de radio sempre e digo sempre, porque me consta, tivo un trato de cabaleiros co PP de Piñor, porque cando ningún medio de comunicación os quixo recibir, ahí estaba ou Xan Pinal ou María Luisa Rodríguez, para dar as noticias do PP de Piñor, pero claro todo se esquece, é unha verdadeira pena que non se saiba distinguir entre os que te respectaron sempre e os que sacaban a noticia se lles apetecía. De nada vale falar de liberdade de información e cando hai unha noticia se garda, "polo que dirán". Unha magoa de oposición do PP que temos no concello de Piñor, porque non está nin sabe estar, cando fai falta.

Pleno minicipal en piñor,hora

Pleno minicipal en piñor,hora y media de duracion con un solo punto en la orden del día.Hubo toros de miura

O alcalde de Piñor terá que

O alcalde de Piñor terá que empezar a dar moitas explicacións sobre este suceso y sobre outros, porque o que está claro e que non desaparecen os cartos, ordenadores portátiles e cámaras de fotos así como así. Por exemplo terá que explicar por qué un traballador do concello permanece nas oficinas municipais ata altas horas da noite, terá que explicar por qué este traballador que non tén por que traballar nin sábados nin domingos permanece nas oficinas municipais. Así mesmo, terá que explicar diante dos inspectores da Axencia de Protección de Datos, por qué se divulgan datos referentes a persoas e a expedientes. Terá que explicar por qué os concelleiros do grupo de goberno e algún que outro concelleiro da oposición non sacan licenza de obras. Hai que telos ben plantados para cobrar 50 euros por 5 minutos de Pleno, porque os Sres. concelleiros de Piñor tiñan gripe. Parece que levaron os cartos que gardaban no concello, máis uns portatiles e unhas cámaras fotográficas, pena de que non estivese o alcalde de Piñor e o levasen tamén, porque nada se perdía.

Non me extraña que xuntaran

Non me extraña que xuntaran tantos cartiños en efectivo no concello de Piñor por que neste concello aforran os cartos dun xeito ben curioso e se non que llo pregunten a un amigo meu que o chamaron fai uns anos para dar unha charla sobre a historia deste municipio fíxeronlle unha boa faena que di bastante da catadura moral de certas persoas que traballan no concello de Piñor. A este amigo meu lle ían a pagare 70 euros por dar a charla e os do concello non lla pagaron ¿sabedes por que?, por que a este rapaz xogáronlla de malas maneiras. Nun principio a charla íase celebrar no Nadal pero como a charla non estaba a punto este rapaz tras falar cunha rapaza que traballa no concello de Piñor acordaron facela nun festivo que había antes de Semana Santa e a do concello lle dixo que xa a iste amigo meu xa o avisarían antes da data da charla e que llo ía comentar ó alcalde...o tempo pasou e rapaz pasou varios meses preparando a charla buscando información en Ourense, onde por certo traballaba, e desprazándose á tódalas localidades de Piñor a facer fotografías para a devandita charla gastando para elo cartos do seu propio peto e ó final os señoritos do Concello acordaron que esta charla non se celebraría a pesar de tela apalabrada con este rapaz pero o máis sangrante do caso e que os do concello de Piñor non se molestaron en chamalo para avisalo para decirlle que a charla non se ía facer e deste xeito a este rapaz o tiveron traballando en valde gastando os cartos do seu peto e perdendo o tempo en preparar unha charla que non se deu todo para que os do concello de Piñor aforrasen 70 miserables euros a conta de facerlle esta vergonzosa e traidora faena a iste rapaz.

Amigo Xan: Os contribuintes

Amigo Xan: Os contribuintes deste concello ainda non damos creto o acontecido.¿En que roubo non se forzan as portas para entrar a roubar e para sair aparecen con signos de violencia?.Anda o runrun de que xa non hai cartos para poder pagar as nóminas;¿non será que ises cartos lle farían falla para pagar o persoal?.E a cantidade non foron 11.111€ según informacions de primeira man estaríamos falando preto de 14000€.Algo cheira a podrido no noso concello; xa cheira a kilometros a redonda.Como tu mesmo puideches comprobar hoxe pola maña o noso alcalde non se puxo o telefono cando ti chamaches, o que che podo asegurar e que estaba no concello raro que se atope porque o seu horario é reducido cobra por non facer nada pero hoxe dase a casualidade que si estaba.

pero cómo? non pode ser que

pero cómo? non pode ser que nos tempos que andamos se pague ó personal en diñeiro en efectivo e en man como fai 50 anos, creo que ese diñeiro tería outro fin, ou asi quere pensalo. O que debería aclarar o Alcalde é por qué tardou tres dias en presentar a denuncia ante a garda civil, aparece a porta vilolentada e desaparecen máis de once mil euros e ¿que pasa? que non se enteran ? e tampouco que desaparecen cinco ordenadores? Cómo é logo que o Alcalde tarde 3 dias en reaccionar. todo esto é moi raro...

non entendo cómo se poden

non entendo cómo se poden deixar de noite tal cantidade de diñeiro nunhas dependencias muncipais sen ningún tipo de vixiancia e sen medidas de seguridade. E tampouco me explico como se xuntan 11.111 euros en efectivo nas dependencias municipais. e tamèn deberían aclarar de ónde procedia ese diñeiro.

¿e cómo despois de

¿e cómo despois de transcurrido un mes non transcendera nada desto? gracias a COPE O CARBALLIÑO por contarnos a verdade.

creo que deberiamos de

creo que deberiamos de empezar a pensar que é o que verdadeiramente se coce no concello de piñor.O de traballar polos cidadans jajaja que risa por favor deixe xa de facernos parvos a todos e de querer enfiarnos polo cu dunha agulla

Este homiño de trapo que

Este homiño de trapo que temos no concello o cal lle din SR ALCALDE (o de señor quedalle moi grande e o de alcalde xa non se diga);ten dedicación exclusiva neste o noso concello, e a maioría de nos preguntamosnos a que lle chama el dedicación exclusiva xa que o seu horario é reducido, para topalo no seu lugar de traballo nin madrugando o toparás, primeiro porque non entende ou non sabe de que vai o de madrugar, e segundo que vai o concello pola noite cando está pechado, ¿será porque ten que agacharse da xente polas falcatruadas que fai e non quere dar a cara?respondanos dunha vez señorito de caldo limpo. Eu nunca vin a nadie andar de noite as escondidas da xente como dirían os nosos maiores por cousa boa non é.Pero non pensen que vai él soiño,non non vai sempre acompañado dun canciño fiel que lle fai de escudero,otro homiño de trapo da parroquia da canda.Increible pero certo de dous en dous como los donust. Din que o tempo pon a cada persoa no seu sitio eu confio que o tempo non tarde en facelo con este señor,porque ten delito a cantidade de burradas que fai.Ten tan pouca vergoña que para dirixirse a él hay que facelo todo por escrito, o probiño non ten luces suficientes para poder contestar por si solo; ou é que o mellor está avisado polos seus superiores e ten que facer o que lle manda o seu xefe VERGONZOSO. Din por ahí que é licenciado en dereito, permitame que o dubide porque eu non lle vin o seu titulo universitario e xa non me fio de nada do que diga ou do que faga.Espero que o bo do home tome nota .

Se o alcalde e o seu fiel

Se o alcalde e o seu fiel escudeiro van de noite ó concello ¿pódese facer a que van?...Se cadra a conectarse a internet e a xogar co ordenador ó busacaminas....A saber....

Non che sabía eu que o

Non che sabía eu que o "alcalde" de Piñor ía a traballar ó concello con alevosía e nocturnidade. O que pasa é que este homiño non ten personalidade políticamente falando xa que todo o que fai no concello de Piñor o imita do que se fai no concello do Carballiño así se no Carballiño dan cursos de compostaxe en Piñor tamén, se no Carballiño fan unha escola de Pais e Nais en Piñor tamén, se no Carballiño fsn curos para deixar de fumar en Piñor tamén, se no Carballiño fan rutas de sendeirismo en Piñor tamén eademais que enlacen coas do Carballiño, se no Carballiño durante o periodo pachista-socialista facían falcatrudas en Piñor tamén,....a iste paso só falta que a este "alcalde" se lle ocurra contraer débedas como no concello do Carballiño e se me apuran xa que lle cae tanto á baba a este home polo concelllo do Carballiño só lle falta firmar un decreto para fusionar o concello de Piñor co do Carballiño. "Señor" Fraga fágase un favor a si mesmo e voe con ás propias non con ás prestadas e teña un mínimo de vergonza e dimita por que ó paso que vai o seu partido e polas faenas que lle fai ós veciños vai perder ás vindeiras elección municipais.