Rouban xoias valoradas en 13.550 euros e 4.800 euros en efectivo nunha vivenda do Carballiño

22, Decembro 2009

O roubo foi cometido entre as oito e as dez da mañá deste pasado lúns dia 21, ese intervalo de dúas horas foi o que aproveitaron os ladróns para entrar na vivenda dunha veciña do Carballiño, R.R.B., de 63 anos de idade, que ven de presentar a correspondente denuncia ante a Garda Civil. Según o seu propio testimonio, os ladróns apoderaronse de 4.800 euros en efectivo que esta muller gardaba no domicilio, e tamén se levaron diversas xoias valoradas en 13.550 euros. Para entrar na vivenda, os autores do roubo forzaron a porta de entrada.