Un "hat trick" de Martín da os 3 puntos ó Arenteiro perante ó Tomiño

14, Febreiro 2010

Tres goles de Martín e pouco máis, ésta pode ser a frase que resume o visto nesta neste domingo de antroido en Espiñedo. O Arenteiro volveu ofrecer unha tarde rácana de fútbol á súa parroquia, menos numerosa do habitual, fose plo frio ou pola celebración do antroido, ou porque este equipo non engancha, o certo é que espiñedo rexistrou a pior entrada da tempada. O resultado pode resultar moi engañoso, xa que malia o 3-0, nin moito menos o Arenteiro fixo un partido de bó nivel, e moito terá mellorar se quere aspirar a chegar ás xornadas finais do campionato con opcións ós postos de ascenso. O Arenteiro gañou este partido, e atá con certa comodidade, porque desta vez tivo o santo de cara. Martín inaugurou o marcador cando se consumiía o primeiro cuarto de partido, e fixo o segundo no sempre sicolóxico minuto 45. O Tomiño non foi capaz de marcar nin de penalti. Có 2-0 no marcador os visitantes poideron meterse no partido á media hora da segunda parte, pero impedíuno o meta Iván, despexando o balón. Ó pouco, o trigoleador Martín, finiquitaba o partido. O Arenteiro quedabase cos tres puntos aproveitandose dos erros en defensa do Tomiño. Con esta victoria, os carballiñeses sitúanse quintos na táboa, a dous puntos do 2º e a 4 do líder Choco.