"Vive O Carballiño, agora a 14 minutos de Ourense" busca atraer novos veciños

24, Decembro 2009

A campaña desenvolveráse en diversos soportes publicitarios, prensa, radio, tv e folletos nos que se oferta o Carballiño como lugar de residencia. Para atraer ós futuros veciños e antes clientes do sector inmobiliario local, incidiráse na boa cobertura de servizos e tamén na variada oferta de actividades para o ocio, o deporte e a cultura, coas aventaxes de poder acceder a unha vivenda con prezos moi competitivos en relación ós que se ofrecen na cidade de Ourense, onde se centrará a maior parte desta campaña. Outro factor que se tén moi en conta é a calidade de vida que pode atoparse nunha poboación rodeada de natureza cunha ubicación xeográfica privilexiada, a 14 minutos de Ourense por autoestrada, asi como a 48 minutos, tamén por autoestrada, dos aeroportos de Peinador ou Lavacolla, e mesmo a apenas 50 minutos das praias da rías baixas.  A iniciativa promocional, ideada desde a Agrupación de Promotores e Constructores, conta cun orzamento de 40.000 euros, dos que 10.000 euros son aportados polo Concello do Carballiño, e contase tamén coa colaboración do Centro Comercial Aberto e da Asociación de Comerciantes do Carballiño.