Xunta e concello asinan un convenio para a reforma da travesía do Castro

27, Agosto 2013

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o alcalde de San Amaro, Ernesto Pérez González, asinaron esta mañá un convenio de colaboración polo que se executará a adecuación da travesía na localidade do Castro, na parroquia de Salamonde

Trátase dunha obra enmarcada dentro do Plan hUrbe, que implica un investimento de 94.882,46 euros, que será aportada ao 100% pola Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

Na actualidade no núcleo rural do Castro apreciouse un incremento do número de vehículos como consecuencia da súa ubicación na vía que comunica á estrada OU-0303, que enlaza co ramal de acceso á autovía de Carballiño, e a OU-0410, que enlaza co Castro de San Ciprián de Lás, a unha altura que evita chegar ao enlace das dúas estradas no núcleo do Cruceiro que son varios quilómetros de recorrido.

Ambos mandatarios recoñeceron que a necesidade desta obra cobra máis forza tendo en conta que a zona na que se actuará (travesía do núcleo do Castro) sitúase moi próxima ao Centro de Interpretación da cultura castrexa no Castro de San Ciprián de Las. Este feito conlevará que o tráfico da autovía incremente considerablemente.

Coa execución destas obras nunha zona da 2.800 m2 de solo público, otando ao núcleo do Castro de beirrarúas, co fin de mellorar os itinerarios peonil e rodado, para o que se ampliará o ancho da estrada principal para que poidan coincidir dous vehículos non mesmo punto e en diferente sentido de circulación. O conselleiro Hernández destacou o alto valor patrimonial deste núcleo, que se caracteriza pola existencia dun número importante de hórreos dispersos ao longo do mesmo, así como a existencia dun lavadoiro cuberto; polo que a intervención non deberá alterar os elementos etnográficos.

Coa sinatura deste convenio, a Consellería de Medio Ambiente comprométese a financiar as obras; mentres que o Concello de San Amaro deberá redactar os documentos técnicos, realizar as xestións para a obtención dos permisos, licencias e autorizacións e, por último, levar a cabo a contratación, execución, dirección, control e recepción das obras.