A Xunta Local do Partido Popular propón a Argimiro Marnotes como candidato á alcaldía para as vindeiras eleccións municipais

30 Jul 2010
Argimiro Marnotes

(Redacción. Rocío Campos) A xunta local do Partido Popular de O Carballiño elixe a Argimiro Marnotes como cabeza de lista para as vindeiras eleccións municipais.O actual portavoz do PP no concello e Xerente de Xestur en Ourense S.A foi nomeado por unanimidade candidato á alcaldía de O Carballiño para as vindeiras eleccións municipais nunha reunión celebrada na sede Local do Partido Popular. Argimiro Marnotes "recolle con responsabilidade a confianza que o Partido está a poñer nel", pero asegurou que "terá que dar un salto importante para conquerir a alcaldía que xa fai 14 anos está en poder do PSOE". Unha suma de esforzos por parte de todo o Partido, xunto co apoio dos votantes axudarían según os populares a conseguir o éxito nas vindeiras eleccións municipais.

A partir deste momento, o Partido Popular en O Carballiño, cunha xunta local renovada por medio dun congreso e con Argimiro Marnotes elexido como candidato á alcaldía, "está en disposición de traballar nun programa e na elección de persoas que lideren un proxecto político pensado no valor máis importante que ten o pobo, que son as persoas, pero sempre sen deixar de traballar durante os meses que quedan de mandato nas tarefas de oposición"

 

Comentarios

Dios que sorpresa !! pensei

Dios que sorpresa !! pensei que se iba presentar outro ...despois de perder as ultimas.:

Sinceramente, espero que así

Sinceramente, espero que así sexa, que realmente toda esta xente traballe para conquerir a alcaldía nas vindeiras municipais. Ben merecen un voto de confianza, porque uns cantos como eu, xa lle lo demos a outros, sobre todo a "outro" (Manuel Amil) e o único que fixo con él foi barrer para o seu interese obedecendo ás ordes de non sabemos moi ben que amo. Os do PP seguramente que traballando moito, merecen aportar aire fresco a este demacrado desgoberno do Carballiño.

Eu espero que o grupo do BNG

Eu espero que o grupo do BNG obteña mellor resultado porque en este grupo resalta as ganas que teñen de facer un Carballiño mellor

Jejeje, o que hai que leer!

Jejeje, o que hai que leer! en serio pensa vostede que o BNG vai acadar un mellor resultado! mellor que que exactamente? Un dato, o mellor dato que o BNG acadou neste municipio foi hai 3 anos, porqué? Pois porque moitos fomos parbos e creemos nas mentiras e falsas promesas do Sr. Amil, pero non se preocupe que xa quedamos hai tempo desencantados, xa lle miramos ven a cor da saia o suposto BNG, que si ben é certo que ten un par de persoas dispostas a traballar polo Concello, neso se queda todo. Non saberemos o que están dispostos a facer outros se non lle damos a oportunidade, e iso é o que penso facer eu.