A Xuntanza de maiores rexistra un notable descenso de participación, apenas reune a quince mil persoas no Carballiño

27 Jun 2009

Todas as fontes consultadas coinciden en apuntar un notable descenso na participación na Xuntanza de Maiores celebrada hoxe no Carballiño, en relación ás edicións dos últimos anos. A asistencia nin xiquera cumplíu coas previsións  oficiais aportadas desde a Xunta de Galicia, que eran no transcurso da semana entre as vintecinco e as trinta mil persoas, quedandose bastante lonxe desas cifras, xa que probablemente non se pasou dos quince mil participantes na convocatoria deste ano. O descenso na afluencia era visible no parque e nos seus arredores, tanto no propio recinto da festa como na zona de aparcamentos para vehículos e autocares, e tamén nos comedores dos restaurantes carballiñeses, abarrotados o ano pasado e con escasa presencia de comensais nesta ocasión. Tamén os posto de polbo e comida no parque muncipal confirmaron este mesmo descenso de público nesta Xuntanza, e a maioria coincidía en manifestar que "non hai nin a metade da xente do ano pasado", daquéla as cifras de participación situaranse arredor das corenta mil persoas e o abarrote fora total na hostelería carballiñesa, que está a rexistrar hoxe unha discretísima xornada en canto a ocupación. A que non fallou foi a numerosa asistencia institucional e de autoridades e representacións políticas. O Alcalde do Carballiño Carlos Montes, recibía á unha da tarde na entrada do parque municipal á Conselleira de Traballo e Benestar Beatriz Mato, á que acompañaba o Delegado Territorial na provincia Rogelio Martínez e titulares de varias Direccións Xerais.Na súa intervención, a Conselleira anunciou a implantación de centros de dia nos Concellos de maís de 1.500 habitantes. Xa na sobremesa, comparecía o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na que foi a súa primeira visita institucional á Comarca do Carballiño desde que foi investido como Presidente do executivo galego.

 

Comentarios

Debes de pedir los datos en

Debes de pedir los datos en Protección Civil, donde numeraron los autobuses uno a uno, y donde figura el lugar de procedencia. En cuanto al número de viajeros por autobús se considera un promedio de 50, aunque es cierto que también asisten microbuses con de 30 o incluso menos pasajeros de capacidad, pero la mayoria son autobuses de línea regular cuya capacidad oscila entre las 40 y 60 personas, dependiendo de su longitud (10, 12 incluso 14 metros). Si tu interpretas que fue un fracaso total, porque, efectivamente llegaron 100 autobuses menos que el año pasado, eso es otra cosa, otra valoración. Ahora bien, los números son los números, y las criticas bien fundamentadas y hablar por hablar también son cosas distintas.

327 AUTOCARES x 50 PASAJEROS

327 AUTOCARES x 50 PASAJEROS (PROMEDIO)= 16.350 PASAJEROS. Cien autocares menos que el año pasado, cuando la Consellería de Vicepresidencia se esforzó hasta la fatiga para lograr una afluencia masiva. Pero entre 50 y 100 autocares más que cualquier año anterior, mandase Iribarne o Touriño. AFLUENCIA ESTIMADA DE VISITANTES NO CONCERTADOS: ENTRE 2000 Y 3000. PARTICIPACION TOTAL ESTIMADA= APROXIMADAMENTE 20.000 PERSONAS. Si utilizasemos el método de conteo que tan brillantemente manejó el Sr. Marnotes senior para esas "sus" Fiestas del Pulpo, bastaría con sumar 10.000 personas más que el año pasado. Y el que viene le sumaremos otras 10.000, aunque llueva, truene, o caigan chuzos de punta.

Jajaja, 327 autocares x 50

Jajaja, 327 autocares x 50 pasajeros jjjaja, as contas da leiteira. > os autocares non chegaron a 200 e a media de cada autocar era de 35-40 persoas. Poñamos 40 x 200 autocares = 8.ooo persoas, poñamos como dís tí 2.ooo de visitantes non concertados e sonche 10.ooo no mellor dos casos. UN FRACASO sen precedentes en 31 anos de festa.

Unha mágoa, desde logo que

Unha mágoa, desde logo que sí, porque despois de gastar diñeiro púlbico, o mínimo que pode pedirse é unha mínima rentabilidade tanto social como económica. Fracaso Social, porque 15.000 é unha cifra paupérrima, e fracaso económico, porque a inversión non xerou apenas movemento para o comercio e a hosteleriía, e en consecuencia para O Carballiño. Asi que habería que pedirlle responsablidades tanto ós responsables da Xunta coma ós do Concello, todos unhos incompetentes. Unhos e outros son os que tanto criticaban os últimos anos. Pois lucironse. E por certo, ás pulpeiras que puxeron as no Carballiño quedoulle o pulpo nas caldeiras.

Polo menos non se viron

Polo menos non se viron Vicepresidentes marcando o paso con unhas e con outras. Vimos un presidente que foi ben recibido, falou con todo aquel que se quixo achegar. Vimos unha Conselleira discreta e sen necesidade de protagonismo. Vimos, tamén como os nosos maoires bailaron e comeron. Pasárono ben. O que si non vin foi a ningun contando os milleiros de persoas alí presentes. Polo tanto, as apreciacios son dende logo erroneas. Tenos que tomar nota, aquel que ficho as contas da asistencia a festa do ovo fritido donde se dixo que comeran 200 persoas cando eu contei 85. Conclusion que o papel ten conta do que lle poñen. E dos gastos nin se pode falar, agora preocupanse todos. Fai dous meses non importaba.

Por moito que leo e releo non

Por moito que leo e releo non te entendo ¿quen dixo que no ovo fritido habia 200? e que tí contaches 85 e qué ?o que che digo eu é que nesta festa dos maiores deste ano nin xiquera había quince mil, creo que o redondeo é bastante xeneroso. Mira, contando que houbeses 200 autocares, a 40 persoas por autocar sonche oito mil, e xa é moito sumar que outros sete mil viñesen a pé, en conche, en tren e en bicicleta. ¿ou que dís ? as matemáticas sonche así. E outra cousa, os poucos que viñeron andaban aburridos porque non había ningún tipo de programación nin actividade. A min que o Presidente baile ou non baile éche cousa vosa, dos políticos, pero a min o que che me interesa é que O Carballiño saque un peso de todo esto, que a economia ándache como o carallo.

Esta claro que nin o Concello

Esta claro que nin o Concello nin os negocios aproveitaron a ocasión para ofrecer actividades os maiores, penso que era unha oportunidade para a economía do Carballiño. Teño claro que os negocios nunca fixeron nada nesta festa. Unhos miraran para outro lado (non queren que os molesten, e poñer cartos nada) e outros non queren levar traballo (pechan cando ai xente no pobo). Esto foi iste ano e os pasados tamen. Con solo 10% dos 15 ou 20 mil maiores paseando polos bares, restaurentes ou cafeterías suporía unha boa caixa para todos. Digo que se fora a cousa como tiña que ser unhos farían o preciso (Concello e negocios) para atraer a xente o pobo e a Xunta convocar canto maís personal millor.

¿pero quén organizou esto?

¿pero quén organizou esto? ¿quén foi o responsable de coordinar a organización? o deste ano foi un caos organizativo.