
Carta a unha mimosa ( II )

Parece que está definindo o noso Ribeiro, lendo o que nos falan as nosas pedras máis antergas, e que se pode conxugar o viño co teu perfume. Dona Emilia Pardo Bazán, pola contra, relaciona o teu perfume con Madrid “…las acacias prodigaban su rica esencia…”, “…y el olor fragante de las flores de acacia le parecía el de las silvestres mentas que crecen al borde de los linderos en el valle de Ulloa…”. A ela non lle coincideu estar en Banga e contemplar como as túas flores visten de amarelo o val do río Avia, anunciando luminosas a Primavera.
Quenes te queren condenar a morte, tampouco saben que según algún autor estás adicada a Hermes-Mercurio, que as túas flores son como pequenas boliñas de ouro e que os teus ramos floridos lembran á célebre “Rama Dorada” dos antigos misterios.
Pola miña parte, cado ano que vexo como nos iluminas as últimas xeadas de Inverno, estou máis convencido de que existen os cadros de “os xirasóis” e o de “as amapolas”, porque nen Van Gogh, nen Monet tiveron a posibilidade de coñecerte e de contemplar a multiplicidade colorista da nosa paisaxe. Cada ano ti inicias o ciclo e dispois continúan as cerdeiras, as pavieiras e o viñedo, nunha especie de explosión cromática. Paisaxe de viño, historia de viño, arquitectura de viño…e curiosamente, quenes te condenan ignoran as capacidades tánicas da túa corteza, ou como de ti se pode extraer un producto similar á goma arábiga.
Eu penso, benamada Mimosa, que os teus detractores non teñen máis argumento ca xenofobia. Din que non eres autóctona, que eres invasora, que nonsei que sorte de efectos alelopáticos produces. Teóricamente eres orixinaria de Australia ou Tasmania ¿pero cando? ¿de onde son os Kiwis? ¿de onde os portaenxertos que nos libraron da filoxera? ¿de onde os tractores, o aluminio dos depósitos de viño ou dos postes e aramio das viñas?
Pero eu quero manifestarche o meu apoio.
Coñecín xente maior, hoxe xa fenecida, que me contou que de novos ían buscar
as mimosas traídas para os taludes das vías por Renfe para plantar nos seus montes. ¡canto traballo aforraches! ¿Cómo se apañaban antes de ti ? cortando polas de carballos medio retorcidas, varas de castiñeiros ou avelaneiras…
Ahora xa non fas falta. De aqueles anos xa non se lembran, e si o fan pecan dunha escandalosa ingratitude. Pero non te preocupes, os seres humanos somos así, mesmo entre membros da mesma especie.
E apoiote porque non eres culpable da emigración que provocou o abandono de moitas viñas e montes. Non eres culpable da sorte que teñen os viticultores de hoxe de ter con aramio as súas viñas. Non eres culpable do minifundismo no que temos esnaquizados os montes. Non eres culpable da pésima conservación dos camiños agrícolas. E, por suposto, non eres culpable dos incendios forestáis.
No fondo penso que te desprezan porque, cando iluminas os nosos montes, provócaslles mala conciencia.
E por enriba de todo elo, sempre te defenderéi, Mimosa, porque o teu nome faime lembrar algún momento que con algunha compañeira puden ter vivido.
- Engadir novo comentario.
Versión para impresión- 1915 lecturas

Enquisa
O Máis
- Os Socialistas denuncian a "falta de seguridade vial" no centro do Carballiño
- Cipriano Caamaño en COPE "a manifestación foi un auténtico fracaso"
- O Alcalde do Irixo asegura que non se contemplan outras posibles ubicacións para a incineradora
- Entorno de La Veracruz
- Argimiro Marnotes en COPE "nunca me verán a min en ningunha manifestación na que estea Pachi Vázquez"
- O Carballiñés Florindo González 2º clasificado no Ironman de Tenerife
- Caamaño e Trigás retanse con ir ó xulgado, mentres o BNG pide a intervención do Consello de Contas
- O Grupo de Goberno de Boborás refusou posicionarse contra a incineradora
- Nace na Comarca a "Plataforma Sanitaria Contra a Incineración de Resíduos"
- Cepsa instalará unha planta de envasado de gas en Maside
- Cepsa instalará unha planta de envasado de gas en Maside
- "AIMAS" en Maside e "MOVE BOBORÁS" en Boborás caldean o ambiente pre-electoral
- Caamaño e Trigás retanse con ir ó xulgado, mentres o BNG pide a intervención do Consello de Contas
- Un Concelleiro do PP de Boborás promove un partido político de ámbito local
- Argimiro Marnotes Fernández gobernará O Carballiño con maioria absoluta
- O Alcalde de Boborás destina o diñeiro do antroido para necesidades básicas "porque non estamos para mascaradas"
- Cipriano Caamaño sobre Move Boborás " unhos enfurecidos e desorientados, que ensuciaron esta campaña electoral "
- O Alcalde de Boborás recibe na Corporación Municipal á súa esposa, Maria del Carmen Cives
- O PP de Boborás propón que se rebaixen os salarios a políticos e funcionarios e se retire o plus dos altos cargos, entre outras medidas, para enfrontarse á crise
- Os Socialistas de Punxín rexeitan ó candidato oficial, e en Beariz o partido non atopa candidato
Outras Novas
- Gallardón sobre la ley del matrimonio homosexual: "Primero que se pronuncie el Constitucional"
- La Generalitat aplaza la tasa turística en Cataluña hasta noviembre
- Cascos liderará la oposición si Foro pierde las elecciones autonómicas
- Se agotan los aplausos para Rubalcaba
- Diego en COPE: "Cantabria tiene la mayor deuda per cápita de España"
- Emery: "Si el árbitro equilibra lo de Mestalla, no vas a decir que no..."
- Callejón: "No creo que Mourinho se vaya"
- Marcelino: "Entrenar al Sevilla era un sueño y se ha convertido en una pesadilla"
- COPE ofrecerá este martes en directo la rueda de prensa de Alberto Contador
- Ibaka salva la mala noche del resto de españoles
- El Parlamento iraní se dispone a prohibir exportar crudo a países europeos
- Ordenan que el capitán del 'Costa Concordia' siga en arresto domiciliario
- España llama a consultas a su embajador en Siria
- Dimite el presidente de Maldivas en medio de revueltas
- Mueren otras 33 personas en Europa Central por la ola de frío


Comentarios
LAS MIMOSAS DE CARBALLINO