DE CREENCIAS E SAETAS VAI O CONTO

Maria Luisa Rodriguez

Francamente que decepcionada se sinte unha cando non se lle da o mesmo trato a todos os veciños do pobo. Decepción cando abertamente se fan distinccións ben por cor polítia ou ben por creencias relixiosas como é iste o caso. É unha magoa que, non se fagan estas distinccións a hora de solicitar mesmo rogar nalgún caso o voto, porque si se fixera, máis dun partido non recibiría nin a cuarta parte dos votos que no seu día levou.

Ë verdadeiramente frustrante, ver a falla de capacidade que teñen algúns e algunhas a hora de diferenciar entre actividade organizada polos veciños, sexan da relixión que sexan, e un ataque ao suposto laicismo. E digo suposto porque estou segura que máis de metade do grupo de Goberno do Concello do Carballiño, confesaríase Católico (practicante ou non).

Señores Gobernantes, algún e algunha de vostedes amosou hai uns días, unha falla total de democracia e comprensión cara un grupo de veciños, que no seu cariño polo pobo do Carballiño (relixión aparte), intenta recuperar unha vella tradición. Si non se pode cantar unha saeta dende o balcón da Casa do Concello, supoño que a partir de agora non se poderán levar a cabo outras actividades estreitamente relacionadas con outro tipo de creencias. Porque si queremos ser xustos e correctos, haberá que selo para todos por igual, non?

Sinceramente, van sendo horas que saibamos todos discernir entre o correcto, o imparcial e o neutral que ainda que sinónimos, non se poñen en práctica máis que en contadas ocasións, o que favorece o desánimo, entre moitos dos veciños que queren fomentar a actividade no Carballiño, para o gusto...dos que gusten dela.

Quero felicitar a Cofradía da Veracruz, que dende logo, en premio a súa desinteresada actuación e elegante comportamento, tivo unhas horas de clemencia coa choiva, e puido lucirse como merecía.

O tempo de saetas, creencias e penitencias, cheganos a todos, ainda que non no mesmo momento.

 

 

Comentarios

ISTO TRIUNFARÍA EN PADRE CASARES

De risa! Perder o tempo nestas historias é a cousa máis campanilista e chusqueira que teño visto en moito tempo, nin a mellor ficción supera á realidade. Á autora desta opinión eu recomedaríalle tres cousas: 1. Que aprenda a escribir, a estructurar un discurso, porque non me entero de nada. 2. Que o laicismo non é un suposto, é unha cuestión legal estipulada nas leis que rexen as administracións do estado español, onde os poderes do estado están claramente delimitados de cuestións como as liberdades individuais e as crenzas relixiosas. 3. Finalmente, aínda que me avergonce ver perder o tempo á xente en cuestións tan nimias en vez de preocuparse por temas serios que nos afectan a todos como o paro, a educación, a sanidade, etc., pido, para rir algo nestes tempos que corren, que esta señorita mande o seu curriculum e a súa historia a PADRE CASARES. É de fábula!