
Gardar os cartos no colchón

Debo recoñecervos de antemán que esto da macroeconomía supérame, e que non deixa de ser unha osadía pola miña parte meterme neste lío. Pero con tanto falar últimamente da crise económica, despértaseme a curiosidade por entender, e tamén o atrevemento a arriscarme con estes temas.
De vez en cando, os medios de comunicación publican a nova de que algunha persona morreu, dispois de vivir case na miseria, e que se atopou que gardaba no colchón importantes cantidades de cartos. Os informadores de turno, e os sesudos comentaristas que abundan nestas situacións, relacionan esa nova coa chamada “Galicia profunda”, de falta de espíritu emprendedor, de eivas psicológicas orixinadas nos chamados anos da fame… Debo recoñer que eu, deixabame convencer por moitos deses argumentos, apuntándome a eles case coma quen se apunta a un bombardeo, posiblemente para ter máis razón á hora de criticar a quenes levan séculos caciqueándonos e que seguen a vivir, con diferentes traxes e siglas, de que o mundo rural galego sega sendo profundo. Pero hoxe, coa que nos está a caer, e posto a pensar como eses comentaristas de salón non saben o que é unha bosta, nen un toxo, nen unha corredoira, nen diferencian un porco larés … que o úneco que saben e de subvencións da Unión Europea para o desenvolvemento sostible do Medio Rural, que por arte de birlibirloque, a xeito do miragre de Xesucristo dos pans e os peixes, dan para repartir entre moitos…penso. “¿Pensas?, entón existes”, decía Descartes. Eu, por enmendarlle a plana digo “¿dubidas?¿sospeitas?, entón pensas”. E recurro ós mestres da Economía. Fisher, Dornbusch, Schmalensee, Samuelson, Nordhaus, Keynes….e nada. Entón dubido: gardar os cartos no colchón ¿non será sabiduría popular?. Gustariame saber que lle aconsellarían os grandes economistas a eses sacrificados aforradores de colchón , que foron xuntando cada can, cadela, real, peso, peseta ou euro a golpe de sacho, de xornáis mal pagados e comendo porcos sen xamóns. ¿Qué investiran nos selos de Forum Afinsa? ¿en ladrillos de urbanizacións abortadas? ¿nos plans de investimento de Lehman Brothers? ¿ou levalos en confianza a algún director de sucursal bancaria que vía doble contabilidade fuxía con eles para Hispanoamérica? A principios de este ano o Banco de España calculaba que había 1.750 millóns de €uros que estaban en pesetas, é decir case 300.000 millóns das antigas pesetas. Pode que estén esquecidos en colchóns, pero farían falta moitos. Outro dato, calcúlase que hai 56.000 millóns de €uros en billetes de 500€ en circulación (¿en circulación?) Cecáis o consello sería gardalos en algún colchón en Xibraltar, en Suiza, na illa de Guernsey, en Andorra, nas Bahamas….
Que non se pense que con este humilde comentario estou a favor de que se reduza o consumo. Porque se disminúe o consumo, baixan os prezos pola consabida lei da oferta e da demanda; se baixan os precios prodúcese deflacción, que provoca recesión económica; con recesión económica increméntase o desemprego, e polo tanto redúcese o consumo. E como decía ó principio, se desminúe o consumo…..¿volvo a empezar?...¡quen me mandaría meter en esto! Deixemos ós economistas que segan a facer de pitonisos.
Pero que non se critique máis a quen mal viveu e dispois de morto tiña moitos cartos agochados no colchón. E digo COLCHON, non caixón, que era onde os tiñan agochados no concello de Piñor (…non sabemos en que tipo de billetes…). Agochados no colchón só poden estar no concello de Leiro que para eso ten vivenda e non sei cantos funcionarios censados na consistorial. En algún colchón dormirán, digo eu.
- Engadir novo comentario.
Versión para impresión- 1930 lecturas

Enquisa
O Máis
- O Grupo de Goberno de Boborás refusou posicionarse contra a incineradora
- Os Socialistas denuncian a "falta de seguridade vial" no centro do Carballiño
- En qué país vivimos ?
- Cepsa instalará unha planta de envasado de gas en Maside
- Coches en la calle Perfectino Viétez
- O Alcalde do Irixo recibíu aos veciños que se opoñen á incineradora
- Un proxecto ambicioso para o entorno da Veracruz
- Outro abuso do Concello ós veciños
- 2.500 persoas manifestanse no Irixo contra a incineradora
- O Alcalde do Irixo asegura que non se contemplan outras posibles ubicacións para a incineradora
- Cepsa instalará unha planta de envasado de gas en Maside
- "AIMAS" en Maside e "MOVE BOBORÁS" en Boborás caldean o ambiente pre-electoral
- Caamaño e Trigás retanse con ir ó xulgado, mentres o BNG pide a intervención do Consello de Contas
- Un Concelleiro do PP de Boborás promove un partido político de ámbito local
- Argimiro Marnotes Fernández gobernará O Carballiño con maioria absoluta
- O Alcalde de Boborás destina o diñeiro do antroido para necesidades básicas "porque non estamos para mascaradas"
- Cipriano Caamaño sobre Move Boborás " unhos enfurecidos e desorientados, que ensuciaron esta campaña electoral "
- O Alcalde de Boborás recibe na Corporación Municipal á súa esposa, Maria del Carmen Cives
- O PP de Boborás propón que se rebaixen os salarios a políticos e funcionarios e se retire o plus dos altos cargos, entre outras medidas, para enfrontarse á crise
- Os Socialistas de Punxín rexeitan ó candidato oficial, e en Beariz o partido non atopa candidato
Outras Novas
- Rosa Díez en COPE: Saludo las reformas de Rajoy pero "quiero ver lo que luego escribe en el BOE"
- Sanz (PP andaluz) en COPE: "La Junta ha vuelto a mentir" sobre los EREs
- Pajín: "Le doy mi verdadero sueldo de un mes a aquellos que demuestren que cobro o cobré tres sueldos"
- La izquierda y el PNV se niegan a participar en el homenaje a Fraga en el Senado
- El Gobierno anuncia reformas para "devolver al Senado el respeto"
- Noche de triunfos para Ibaka y Ricky Rubio
- Sor Serafina, la monja presidenta: "Las salidas de tono de Mourinho no son de su categoría"
- Alguersuari, en 'El Partido de las 12': "Estoy hablando con un equipo que no puedo desvelar"
- Fran Contador, en "El Partido de las 12": "Tomaremos la decisión de recurrir en pocos días"
- El Club Atlético de Pinto jugará de amarillo y de rosa en apoyo a Contador
- Santorum se impone el caucus de Colorado
- EE.UU. ratifica su política de bloqueo hacia Cuba en su cincuenta aniversario
- Al Assad, dispuesto a un "diálogo nacional" con la oposición
- Un tribunal de Milán procesa a Berlusconi por desvelar información privilegiada
- Diputados egipcios amenazan con una huelga de hambre si sigue la represión a manifestantes

