O Carballiño e a Mancomunidade

Xan Pinal

O Carballiño ten que ser o gran valedor da súa propia comarca, non lle pode dar a espalda por máis tempo. O Carballiño debe regresar á Mancomunidade de concellos que leva o seu nome, débese reparar a anomalía cometida por Pachi Vázquez cando no ano 2.000 fixo aquel desplante á Comarca e apartou O Carballiño da Mancomunidade, eso si, ó seu estilo, deixando unha débeda de 100 millóns de pesetas coa entidade intermunicipal.

Nos concellos da comarca viven miles de veciños que, en gran parte, traballan, compran e disfrutan do seu ocio no Carballiño, entre unhos e outros, entre a veciñanza, nunca se perdeu a relación ¿ por qué entre os políticos sí ?

Comentarios

é fácil de entender... hai

é fácil de entender... hai quen entra en política para servir e que entra en política para servirse. Pachi é distes últimos. Un político da peor especie que non dudou un intre en dividir un pobo e unha comarca a fin sacar réditos electorais. Ainda recordo a tabarra que nos deu co rollo do hospital mentras foi alcalde (sacaba a xente a rúa para reclamarllo a Fraga) pero cando se encaramou na Xunta buscouse acougo de conselleiro de medio ambiente en vez de reclamar a de Sanidade. E por suposto do hospital non se acordou mais... ¡que cousas..! os seus acólitos tampouco..!