OS ASUNTOS DOS IGNORANTES

Maria Luisa Rodriguez

Recoñezome ignorante de millóns de  asuntos, novas, novidades e feitos que a vida me deparará.Dende cativa, ensinaronme, que malia a ignorancia que ún poida ter ou padecer, o importante e recoñecela, seguir aprendendo cada día,  asumir os erros, non volver cometelos e por enriba de todo, sempre formular aberta e sinceramente as miñas opinións respetando as dos demais. Que fermoso e o mundo no que vivimos. Un mundo cheo de liberdades no que hai espazo para cada un de nós. Está permitido falar, opinar, dialogar, mesmo rifar. Pero opoñerse ou manifestar a propia contradicción sobre as ideas dos que creen que todo o saben e que pretenden controlar a todos os que non ocupamos un sillote oficial...Amigo! como cambian os ánimos e o conto. Entón convirteste en IGNORANTE, noutro tempo houberas sido un difamador.

Síntome ofendida, porque a pesar dos recursos que hoxe están o alcance de moitos, comprobo que os que non deberían, en lugar de aprender, malgastan os recursos e tratan a moitos de nós de ignorantes, sen darse conta que os ignotos dos que están a falar critican abertamente e sen medo a aqueles que tanto creen saber, pero en realidade os seus ollos carecen de poder de convición, de formalismo, de palabra. Non son  capaces de facer autocrítica e moito menos de aceptar a crítica dos Ignorantes, que moitas veces pode ser constructiva.  E é que os asuntos dos que os Ignorantes falan, son asuntos de todos.

 

Comentarios

Moi certeiro comentario:

Moi certeiro comentario: Maria Luisa, xa que con frecuencia te podes atopar co teu compañeiro nas tertulias dos venres.., Xoan Pablo. Estariache mui agradecido, si lle recomendases a sua lectura, e indicas que se aplique tan acertadas recomendacións. Obrigado,