A concelleira Rosa Fuentes recibe a “Escoba de Prata” concedida a O Carballiño pola reorganización sostible da limpeza viaria

Rosa Fuentes, concelleira de Benestar Comunitario, recolleu onte o premio Escoba de Plata da Asociación Técnica para la Gestión de Residuos y Medio Ambiente (Ategrus) nunha gala en IFEMA, en Madrid. Trátase da primeira vez que O Carballiño recibe este recoñecemento, referente no sector medioambiental español. O galardón pon en valor o traballo realizado pola área de Benestar Comunitario na reorganización do servizo de limpeza viaria segundo criterios de sostibilidade e optimización da auga.

A concelleira aproveitou a ocasión para entregarlle dous agasallos do Carballiño, unha pulpeira e unha figura da Veracruz, a Javier Irigoyen, director general de FCC Medio Ambiente, e a Ernesto Barrio, director da delegación Noroeste de FCC Medio Ambiente.

Compartir en: