O Carballiño presenta o cartel da 64 Festa do Pulpo, dedicada este ano a Lanzarote

A deseñadora gráfica Ari Quintas volve ser outro ano máis a autora do cartel oficial da Festa do Pulpo, que foi presentado ante un numeroso grupo de patrocinadores nun acto celebrado na sala de actos do museo do papel, no parque etnográfico do río Arenteiro.

A idea do cartel -dixo a artísta carballiñesa- é xuntar os dous símbolos nunha única imaxe, o pulpo cocendose na caldeira tradicional no fogón, que neste caso é o volcán. Como é sabido, esta edición 2026 da festa está dedicada á illa canaria de Lanzarote.

Compartir en: