Mellora a situación no incendio de Boborás, que xa acumula 240 hectáreas afectadas polo lume. Escoita aquí á alcaldesa Patricia Torres.

O pior deste incendio que mantivo en vilo onte domingo á veciñanza da zona próxima ao lume, e non a poucos veciños en vela esta pasada noite, parece que xa vai pasando e conforme vai avanzando esta xornada de lúns o incendio comeza a estabilizarse.

Os últimos datos dispoñibles xa recollen que son arredor das 240 hectáreas a superficie queimada desde que se orixinaba este lume ás 22 horas deste pasado sábado, ao parecer provocado por un raio da tormenta que con abundante aparato eléctrico descargou sobre a parroquia de Moreiras, neste concello de Boborás.

Escoita aquí á alcaldesa do concello de Boborás, Patricia Torres, en COPE O Carballiño:

Compartir en: