Ven de iniciarse unha nova campaña de escavacións no Castro de San Vicente de Avión, e de novo unhos traballos que non están a defraudar xa que neste primeiros dias de actividade arqueolóxica xa sairón á luz couzóns, un muiño, unha base de columna e zonas de combustión.
Estas escavacións estan promovidas unha vez máis pola CMVMC de San Xusto e pola Asociación Cultural Vive Avión. Estarán custeadas na súa maior parte pola CMVMC de San Xusto e tamén por unha aportación da A.C Vive Avión. Ademáis contan coa colaboración do Concello de Avión e coa autorización pertienente por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
As escavaións están sendo novamente dirixidas polo arqueólogo Jorge Lamas Bértolo e coma as anteriores campañas, son escavacións abertas, polo que animan a todas as persoas interesadas a achegarse a ver estes traballos en directo.


