Arenteiro e Antela protagonizaron un partido moi vistoso para o espectador, con cinco goles, ocasións e alternancia no marcador que ao final inclinouse a favor dos visitantes, no partido xogado este sábado dia 3 de outubro no municipal de Espiñedo, que presentaba unha moi boa entrada, en partido correspondente á quinta xornada do campionato de liga na Terceira RFEF.
O Arenteiro foise ao descanso cun 1-0 tras unha boa combinación en ataque que culminou de cabeza Edu Ferreira e nunhos primeiros 45 minutos nos que os verdes deberon irse cunha ventaxa maís ampla.
Na segunda parte, unha desafortunada acción na que o único pequeno charco con auga que presentaba o terreo de xogo freou o balón cedido por Obi ao meta local Maikel e éste cometeu penalti sobre o atacanque do Antela, o xuvenil carballiñés rexeitou o lanzamento, pero tras o rexeite o Antela marcou o empate.
O gol sentou mal aos verdes, e o Antela logrou voltear o marcador case de seguido, mazazo para un Arenteiro que ainda conseguir volver empatar 2-2, pero os de Xinzo volviar golpear e asi levarse o premio dos 3 puntos de Espiñedo.
Preme no enlace para ver a cronica do partido en La Región:


