A Banda de Música, o Club Ecuestre, a Aldea Modelo e a actualidade municipal, protagonistas no programa especial dedicado ao concello de Boborás. Escóitao aquí.

No programa especial dos Venres de Verán COPE O Carballiño desprazouse ata a casa do concello de Boborás, e conversamos co director da Escola de Música e Banda de Música de Boborás, Pedro Lamas. Descubrimos con Marta Aroca ao recén creado Club Ecuestre O Barranco que ten as súas instalacións na aldea de Pereiras de Xendive, e falamos con Juan Fraga, promotor da Aldea Modelo do Penedo de Xuvencos.

Finalmente, repasamos a actualidade municipal e festiva deste verán coa alcaldesa de Boborás, Patricia Torres.

Aquí podes escoitalo:

Compartir en: