A festa da xuventude coa Gramola e a tirada de fogos artificiais dedicada á Festa do Pulpo, o máis destacado na programación deste venres 18 nas Festas do Setembro

venres 18 de setembro.

O Carballiño continúa este venres dia 18 a ritmo de festa, e tamén cun dos dias con máis atractivo no programa destas festas do setembro deste ano. A Charanga Dr. Anchoa arrancará o día cun pasarrúas ás 11,30 horas, que repetirá pola tarde, a partir das 19,30 horas, e tamén polas rúas do Carballiño terémos á charanga-espectáculo Os Festicultores

A xornada continuará xa pola tarde, coa Orquestra Principal, que actuará na rúa Calvo Sotelo ás 20,00 horas, en primeiro pase, e ás 23,30 horas, en segundo pase.

Ás 23,00 horas o Parque Municipal acollerá a segunda gran tirada de fogos artificiais de Pirotécnia Josman, unha proposta moi especial ao estar adicada á Festa do Pulpo, que cada ano reúne a milleiros de persoas no Carballiño. A Praza Maior acollerá a partir das 23,30 horas a Festa da Xuventude coa célebre discomóbil A Gramola, outra das principais novidades deste ano. O evento, que será unha continuación da cita da pasada Festa do Pulpo, contará coa participación de dj’s tan coñecidos como Saul Gallego, Imcode, Duo y Medio e Diego Valeiras.

Compartir en: