A Policia Local investiga a denuncia presentada por un pai de dous cativos que xogaban no parque infantil da Alameda ante a sospeitosa actitude dun home que os invitou a dar un paseo

O pai dos cativos fixo constar na súa denuncia ante a Policia Local do Carballiño que según o relato dos dous cativos un home “con aparencia normal achegouse a eles decindolle que era amigo do seu pai e que os invitaba a dar un paseo con él”. Aconteceu na tarde deste pasado xoves.

A Policia Local do Carballiño abríu unha investigación para aclarar os feitos denunciados polo proxenitor dos nenos, incluíndo o visionado e estudo das grabacións das cámaras de video-vixilancia recentemente instaladas polo concello do Carballiño nesta zona do parque infantil da Alameda.

Compartir en: