Atl. Coruña Montañeros 0 Arenteiro 2

Os verdes, neste partido de branco, conseguiron unha victoria balsámica na súa visita ao campo de Elviña da Coruña, ante un equipo como o Atlético Coruña Montañeros que viña dunha série de tres triunfos consecutivos, grazas a un partido moi serio do Arenteiro e no que por segunda vez no que vai de campionato logrou deixar a súa portería a cero.

Nunha primeira parte intensa pero con poucas ocasións ante as respectivas porterías, Martín Lamelas adiantou no marcador ao Arenteiro cunha xogada persoal no minuto 38, despóis o gardameta Esteban realizou un auténtico paradón para manter a vantaxe e irse ao descanso.

No inicio da segunda parte o Arenteiro ofreceu a súa mellor versión da temporada e Williams marcou o segundo gol, despois o equipo de Marc Vidal aguantou atrás sen apenas pasar apuros e mesmo tivo ocasión de ampliar o resultado xogando á contra.

Cronica do partido no DXTcampeón:

https://dxtcampeon.elidealgallego.com/o-noso-futbol/2026-10-25/cronica-el-arenteiro-frena-en-seco-al-montaneros-0-887015.html

Compartir en: