Cenlle, O Carballiño e San Amaro teñen a renda máis alta nas comarcas do Ribeiro-O Carballiño, pero lonxe da media galega e española

No ámbito intercomarcal do Ribeiro-O Carballiño o concello de Cenlle. con 25.100 euros de renda bruta media por habitante é o “máis rico”, según a última estadística de declarantes do IRPF, que ven de facer pública o Ministerio de Facenda, e que se corresponde cos datos do ano 2024.

No segundo posto do ranking intercomarcal aparece o concello do Carballiño, con 24.851 euros de media por habitante, incrementado esta renda bruta anual un 6,00% a respecto do ano precedente.

En terceira posición colócase San Amaro , que tivo un incremento de 11,44% e chega aos 23.678 euros, logrando desta maneira superar a Ribadavia, que con 23.544 de renda bruta media por habitante quédase en cuarta posición a nivel intercomarcal.

Os seguintes municipios son San Cristovo de Cea, que tivo unha renda media entre os seus declarantes de 22.219 euros, e Leiro con 22.023 euros, respectivamente.

Despois, aparece o concello de Maside, cunha renda bruta media anual de 21.719 euros, seguido por Boborás con 20.883 euros, O Irixo con 20.549 euros e Piñor con 20.332 euros.

O concello “máis pobre”, cunha renda bruta anual máis baixa según esta última publicación de Facenda é Avión, neste municipio sitúase por debaixo do umbral dos vinte mil euros, quedandose en 19.211 euros.

Nesta estadística non aparecen os concellos con menos de mil habitantes, como é o caso de Beariz e Punxín.

A renda media bruta dos nosos concellos sigue estando lonxe, tanto da media galega que se sitúa en 30.417 euros, como se a comparamos coa media española, que foi de 33.230 euros.

Compartir en: