Atoallad@s

7, Xuño 2022

"Que actúa ou se comporta sen poñer atención no que di ou fai, sen decatarse do que pasa arredor"
Nesta rúa había un punto de recollida de lixo con dous contedores amarelos e dous verdes.
Debido ás molestias que causaban, ruído, malos cheiros, ... algúns veciños solicitaron ó concello a súa reubicación. Agora están a menos de cen metros.
O asunto é, que hai algún ou algunha que está en desacordo. Deixan o lixo no chan e logo os animais, pegas, cans, .... císcano pola rúa.
Ós veciños quédannos dúas opcións, collelos na allada e tramitar a correspondente denuncia ou agardar que lles veña o entendemento: "Bo xuízo, aptitude para xulgar e obrar de maneira correcta".