Bravo polas concelleiras de Punxín

5, Xullo 2022

Para eso é útil a política local, pra loitar polos servizos públicos no rural cada vez máis desatendidos e degradados. E non pra traer tal ou cal orquesta e encher unha festa de xente que non consume, e de lixo que hai que recoller.

Todo o pobo de Punxín debería estar coas concelleiras nesta causa. Elas protestan por algo que chama ao ceo. Pero os que tamén deben protestar son os veciños, porque neste caso concreto pouco se pode esperar dos representantes do goberno local sometidos aos caprichosos e propagandísticos designios ou ben do nunca ben ponderado presidente da Deputación, ou ben do presidente da Xunta, corresponsable da máxima degradación da atención primaria.

E no resto dos municipios debemos estar ollo avizor porque a paulatina degradación da atención primaria irá a máis se non protestamos.