O éxito da festas é do Sr. Pachi Vázquez

22, Setembro 2009

Supoño que para os dirixentes do Concello a culpa do "éxito"das festas 
será do PP. Pero gustaríame saber si os "desorganizadores", perdón, os 
organizadores das festas tiveron algún tipo de  "éxito"
ou si tamén para eles foi un fracaso. O das festas foi unha pena ou 
máis ben unha vergonza, pero aínda máis vergonzoso é a actitude dos nosos 
concelleiros, o Señor Barge, berreando cos animadores dos rapaces en plena 
rúa principal o día 17, e  o Señor Dacal dicindo que a mellor solución 
para o éxito do ano que ven é facer un só concerto e cobrar entrada. Non 
dixo a quen imaxino que sería como a comida da festa do pulpo que pagan 10 e 
comen 100.
O señor EX-concelleiro Pachi Vázquez deixou de lado ás persoas que o 
axudaron a subir ( Ana, Elisa, Prado..) e unha vez arriba rodeouse de, Barge, Dacal...
e co listos que son son se dan conta que odifícil non é subir, senón manterse arriba.
O valor de toda esta xente como persoas pódese medir co número de amigos 
que teñen ¿védelos con alguén?