
O Arenteiro rasca un punto no campo da Sarriana, 3-3.
Os dous equipos ofreceron no campo de A Ribela un vibrante partido de fútbol, con seis goles, emocionante e vistoso para o espectadores, entre eles un bo número de incondicionais do Arenteiro desprazados ata Sarria na tarde deste domingo e na sexta xornada do campionato de liga na Terceira RFEF. O carrusel de goles abriuno o Arenteiro por medio de Bastos incorporado ao ataque, desde o vértice da área grande enganchou unha volea imposible para o gardameta local, despóis chegou a remontada local co 2-1, o segundo gol local en clamoroso fora de xogo, e Martín Lamelas puxo o 2-2 ao transformar un penalti cometido sobre Edu Ferreira, todo nunha trepidante primeira parte. Tras o paso por vestiarios, novo penalti desta vez favorable aos locais que rexeitou o meta do Arenteiro Esteban, volveu poñerse por diante 3-2 a Sarriana, e Ocampo aproveitando un rexeite na área pequena facía o 3-3 definitivo, meritorio punto para os verdes no campo dun dos favoritos para o ascenso. Cronica do partido no diario “El Progreso” https://www.elprogreso.es/articulo/sarria/3-3-sarriana-domina-arenteiro-encuentra-premio-ribela/202610112223432005282.html Comparte este/a entradaCompártelo Publícalo

Arenteiro e Antela protagonizaron un partido moi vistoso para o espectador, con cinco goles, ocasións e alternancia no marcador que ao final inclinouse a favor dos visitantes, no partido xogado este sábado dia 3 de outubro no municipal de Espiñedo, que presentaba unha moi boa entrada, en partido correspondente á quinta xornada do campionato de liga na Terceira RFEF. O Arenteiro foise ao descanso cun 1-0 tras unha boa combinación en ataque que culminou de cabeza Edu Ferreira e nunhos primeiros 45 minutos nos que os verdes deberon irse cunha ventaxa maís ampla. Na segunda parte, unha desafortunada acción na que o único pequeno charco con auga que presentaba o terreo de xogo freou o balón cedido por Obi ao meta local Maikel e éste cometeu penalti sobre o atacanque do Antela, o xuvenil carballiñés rexeitou o lanzamento, pero tras o rexeite o Antela marcou o empate. O gol sentou mal aos verdes, e o Antela logrou voltear o marcador case de seguido, mazazo para un Arenteiro que ainda conseguir volver empatar 2-2, pero os de Xinzo volviar golpear e asi levarse o premio dos 3 puntos de Espiñedo. Preme no enlace para ver a cronica do partido en La Región: https://www.laregion.es/deporte-local/derbi-arenteiro-antela-volo-xinzo-futbol-segunda-federacion_1_20261003-4438307.html Comparte este/a entradaCompártelo Publícalo

A falta de puntería ante a portería contraria condena ao Arenteiro en Pontevedra, derrotado pola mínima, 1-0.
Non podes gañar un partido se perdoas unha e outra vez ante a portería rival, como moito podes lograr un empate sen goles, e delo estivo preto o Arenteiro na súa visita ao Pontevedra B se non fose porque no minuto 54 os locais marcaron un golazo cun gran chut de Lucas ao borde da área que se foi a escadra no único gol da tarde. O partido foi moi desputado de inicio a fin e cun ritmo moi alto, e aínda que de entrada os pontevedres parecían que estaban cunha marcha máis, o dominio era alterno e de feito a mellor oportunidade desta primeira parte tivoa Abioudun cun testarazo para o Arenteiro, que se foi fora por pouco. Na segunda metade pronto golpearon os locais, aínda que a partir do seu gol foron os verdes os que tiveron varias ocasións para nivelar o marcador, a máis clara tras unha internada pola súa banda de Williams que puxo un balón de ouro nas botas de Lamelas pero éste, co porteiro local xa batido, e con toda a portería libre mandou o balón ás nubes, cando os afeccionados do Arenteiro xa cantaban o gol. Ficha do partido: Pontevedra B: Conde, Diego, Xaquin, Chaves, Canosa, Iglesias (Silva, 81′), Iago, Lawal (Ndong, 74′), Delgado, Campos (Barrios, 46′) e Lucas (Vila, 90′). Arenteiro: Esteban, Bastos, Ocampo, Sylla (Pabulo, 62′), Nepereira, Joao, Lamelas, Williams, Abiodun, Bardelás (Maikel, 88′) e Dani Real (Rey, 74′). Gol: 1-0 (54′) Lucas Árbitro: Raúl García, na liña das arbitraxes que está sufrindo o Arenteiro no seu regreso á Terceira RFEF, moi deficiente.Cartóns amarrelos aos locais Campos, Lucas, Delgado, Lawal, Xaquin, Barrios e Silva e no Arenteiro a Williams e Abiodun. E vermella directa ao gardameta Esteban (87′) por tocar o balón fora da área. Campo: Municipal A Seca de Poio,

O Arenteiro de Marc Vidal derrota ao Lalín xogando en inferioridade desde o minuto 8. Aquí podes ver o VideoResumen do partido.
Un gol de Williams no minuto 90 de partido foi suficiente para derrotar ao Lalín na terceira xornada do campionato de liga na Primeira RFEF, na que os verdes conseguiron o primeiro triunfo da temporada ante un Lalín que viña de gañar nas dúas primeiras xornadas. E esto a pesar de que o partido poñíase moi en contra dos intereses do Arenteiro aos 8 minutos cando o árbitro expulsou do terreo de xogo a Awulei por dobre cartón amarelo, o primeiro deles moi riguroso na primeira falta do xogador verde e nunha xogada no medio do campo, desequilibrando desta maneira o partido practicamente de inicio. Un feito o que apenas sacou ventaxa o Lalín, xa que Espiñedo pudo ver un partido moi desputado, o Arenteiro sacou pundonor ante as adversidades e colleitou o seu premio co gol do futbolísta costamarfileño. Nin nos 7 minutos de engadido, como practicamente nos 90 anteriores, o gardameta local Esteban pasou por apuros. VideoResumen do partido na Televisión de Galicia: https://www.g24.gal/-/arenteiro-1-0-lalin Preme no enlace para ver a ficha do partido: https://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=1427967&cod_acta=1427967 Comparte este/a entradaCompártelo Publícalo

O Arenteiro saíu derrotado do campo de Baltar na segunda xornada da Terceira RFEF despóis nun partido no que o Portonovo conseguíu adiantarse por medio dun penalti cando apenas ían 14 minutos xogados, antes ainda co empate inicial o árbitro Ivan Carrillo comeuse un clarísimo penanti na área local. Unha arbitraxe que deixou unhas sensacións moi malas e aplicando distintos criterios nos cartóns amarelos, un para os locais e cinco para o Arenteiro. Coa mínima ventaxa chegouse ao descanso tras unha primeira parte na que o Arenteiro tivo o gol preto nun remate á media volta do coreano Biho que se foi fora de portería por moi pouco, mentres que Esteban apenas pasou perigo nos primeiros 45 minutos. Tras o paso por vestiarios, o partido seguíu nivelado e proba delo foi o gol de empate logrado polo Arenteiro cun testarazo de dentro da área pequena do central verde Abiodun. A magoa foi que na seguinte xogada os portonovenses golpearon de novo co gol que lles daría o triunfo, e eso que na última xogada do partido o Arenteiro tivo o empate nun saque de esquina pero entre o gardameta e un defensor impedírono. Ademáis, a visita a Baltar pode deixar secuelas, xa que tanto Wiliams como Edu Ferreira tiveron que abandonar o campo e verémos cal é a súa evolución cara o partido do próximo domingo ante o Lalín. Para ver a ficha do partido preme no enlace: https://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=1427958&cod_acta=1427958 Comparte este/a entradaCompártelo Publícalo

Estrea na Terceira RFEF do Arenteiro con derrota ante o Barco
Un gol no minuto 89 de partido fixo que os valdeorreses levaran os 3 puntos de Espiñedo no regreso do Arenteiro á Terceira RFEF despois de xogar cinco temporadas en categoria superior, 2 en Segunda RFEF e 3 en Primeira RFEF, agora os verdes reencontranse con moitos dos antigos rivais no fútbol galego. No primeiro partido da temporada ante o Centro de Deportes Barco os visitantes sairon mellor ao partido e dominaron o primeiro cuarto a un Arenteiro que foi de menos a máis, aínda que os valdeorreses foron os que dispuxeron neste tempo das mellores ocasións para adiantarse no marcador. Na segunda parte, foi o Arenteiro o que se fixo co control do partido e ata ofreceu minutos de bo futbol ata que as forzas aguantaron, porque conforme avanzaba o partido aos verdes notábanse máis cansados que o seu rival, foi entón cando o Barco que aproveitou no tramo final para volver aproximarse á portería de Esteban, o gardameta local víu como se lle escapaba o balón das mans e tamén se lle escapaban ao Arenteiro os puntos. Enlace á ficha do partido: https://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=1427948&cod_acta=1427948 Comparte este/a entradaCompártelo Publícalo

Destacada participación dos ciclistas carballiñeses Alejandro García e Marcos Rodríguez no Campionato Mundial MBT nas súas categorias
Na categoria Sub-23 Alejandro García rozou o podio co seu cuarto posto na carreira Short Track, mentres que no Cros Contry Olímpico o carballiñés quedou clasificado na oitava posición, nas probas máis importantes a nivel mundial nestas modalidades ciclistas. Pola súa parte, na categoria Junior de XCO , Marcos Rodríguez tamén fixo unha meritoria carreira, saíndo desde a posición 57 e levando a cabo unha gran remontada que o levou a cruzar a meta como 28 mellor clasificado neste campionato do mundo. Comparte este/a entradaCompártelo Publícalo

Os carballiñeses Alex García e Marcos Rodríguez convocados pola Selección Española para o Europeo XCO a desputar en Zuiza
Son 15 os corredores convocados pola Selección Española de Ciclismo para participar no Campionato de Europa MTB 2026, que se desputará do 29 de xullo ao 2 de agosto en Monteceneri (Suiza). Entre os 15 elexidos figuran os dous ciclistas carballiñeses, ambos veñen de proclamarse subcampións de España na súa respectiva categoria: Alex García en Sub-23 e Marcos Rodríguez en Junior. Sen dúbida, un gran colofón para a espectacular temporada protagonizada por ambos deportistas. Comparte este/a entradaCompártelo Publícalo

Os ciclistas carballiñeses Marcos Rodríguez e Alejandro García, proclámanse subcampións de España XCO, nas categorias Junior e Sub-23
Enorme carreira dos ciclistas carballiñeses nos Campionatos de España de CROSS-COUNTRY OLÍMPICO, nos que ámbos conseguiron subirse ao podio tras conseguir medallas de prata nas súas respectivas categoria A proba celebrouse neste sábado 18 de xullo na localidade madrileña de Arroyomolinos, baixo unha calor sofocante, o que fixo que a esixencia fose aínda maior para todos os participantes. Na categoria Junior, Marcos Rodríguez consolidou no transcurso da carreira a súa segunda posición, mantendo a raia ao seu grupo de perseguidores e proclamándose subcampión de España tras o gañador Benjamín Noval. Xa na categoria Sub-23, Alejandro García desputou un auténtico man a man co gañador Hugo Franco, ambos moi destacados romperon pronto a carreira e tan so ao final escapouselle a Alex o título nacional por apenas 8 segundos. Meritorio e valioso Subcampionato de España XCO para os dous deportistas carballiñeses saídos da canteira do Club Ciclista O Carballiño. Comparte este/a entradaCompártelo Publícalo

O Arenteiro completa o seu ciclo de 3 temporadas na Primeira RFEF cun empate no Anxo Carro
Os verdes despedironse da categoria de bronce do fútbol español, na que militaron as últimas tres temporadas, competindolle o partido ao CD Lugo no estadio Anxo Carro. O Arenteiro, que chegaba moi mermado entre sancións e lesionados, mesmo tivo ocasións por medio de Nacho Ramón, Ferreiro e Adilsson para gañar o partido. Cronica do partido en La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2026/05/24/arenteiro-ordenado-freno-derbi-gallego-lugo-quedaba-copa-rey/0003_202605O24C10992.htm Comparte este/a entradaCompártelo Publícalo