A Coral Polifónica do Casino celebra este sábado dia 3 de outubro ás 20:30 h. no auditorio a 43 edición do Festival Galaico Portugués de Canto Coral e Polifonía, con entrada gratuíta, e coas actuacións do Coro de Santa Casa da Misericordia de Lamego (Portugal) asi como o Orfeón de Voces Graves de Vilagarcía, a propia coral carballiñesa e o grupo de metais Dolmen Brass.
En Maside, a Coral A Torre, organiza para este domingo dia 4 desde as 19:00 h. o “Outono Musical” no que ademáis da coral anfitriona, cantarán a Coral Polifónica da Caniza e a Coral Voces e Cordas de Sobrado do Bispo, terá lugar na igrexa parroquial de Santo Tomé de Maside.
Foliada da Escarocha en Orega-Leiro
Será este sábado dia 3, con actividades que comezarán ás 11:30 h. cos pasarruas do grupo Os Biruxes, con actividades que incluirán obradoiros de baile en roda e elaboración de bica de millo. Tamén se celebrará un concurso de escarochado e durante a xornada actuarán ata 14 agrupacións de música tradicional, con xantar popular e fin de festa a partir das 22:00 h. co concerto de “Os Carecos” e degustación de caldo, petiscos, chocolate e bica doce
Mostra de Teatro Amador
Comeza este domingo no auditorio do Carballiño o festival de teatro que organiza Tiruleque, e que se prolongará durante as fines de semana de outubro e primeira de novembro. Abre a programación ás 20:00 h. deste domingo o grupo Gargallada Teatgro do Barco de Valdeorras co seu espectáculo “Alimañas”, unha comedia de humor negro.
Cine
O Cine Club Carballiño proxecta o venres 2 ás 20:00 e 22:30 h. a película británica”incontrolable”
No Novocine de Leiro estrea de “DIGGER”, do venres ao domingo en pases ás 17:00 e 20:00 h.
Dia da Bici
A cita é na matinal deste sábado dia 3, con punto de encontro, saída e chegada na Praza da Veracruz, a partir das 11:30 horas, baixo organización da Concellería de Deportes do concello carballiñés.


