Que o fútbol se decide nas áreas é un dos tópicos clásicos deste deporte, aínda que como todos os tópicos ten de certo o que cada un queira entender, pero desde logo que o tópico cumpriuse plenamente neste partido entre Arenteiro e Céltiga.
Os da Illa de Arousa levaron o peso do partido, tiveron ocasións de gol, pero faltoulles esa efectividade necesaria que sí tivo o Arenteiro con Martín Lamelas en estado de gracia que resolveu con dous zarpazos dentro da área para que os 3 puntos se quedasen en Espiñedo.
Nada máis comezar o partido Esteban salvou o 0-1 nun man a man cun dianteiro visitante e nunha primeira parte na que o Arenteiro non concedeu máis ocasións a pesar de que o Céltiga rondaba unha e outra vez a portería local, mentres que xa preto do final da primeira metade tras un saque de córner Lamelas cazou un balón solto na área para envialo entre un mar de pernas ao fondo do portería isleña.
Na segunda parte, o mesmo guión, o Arenteiro esperando ao rival e agardando o fallo para sair en transición, e outra vez Williams foise pola súa banda para adentrarse na área e deixarlle un caramelo a Lamelas para o 2-0 que sería xa definitivo. E eso a pesar de que aínda houbo varias ocasións en ambas porterías, as do Arenteiro a balón parado cun testarazo de Ocampo que se foi fora por moi pouco e outro balón que pegou rexeitou o longueiro, certo é que na outra portería, na do Arenteiro, o longueiro tamén impedíu o gol do Céltiga. O tópico dí que os postes tamén xogan.
No inicio do encontro gardouse un minuto de silencio polas vitimas do terrible accidente de tren da pasada semana en Toledo. Arbitrou o partido a árbitra de Primeira División Feminina, Beatriz Cuesta, burgalesa afincada na Coruña, que realizou unha boa arbitraxe.
Para ver a ficha do partido preme no enlace:
https://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=1428024&cod_acta=1428024


