Encontran morto en Riobó-Cenlle a un home que acudira a protexer as súas viñas, amenazadas por un incendio forestal

Os servizos de emerxencias encontraron na tarde deste sábado morto a este veciño nas inmediacións da localidade de Riobó, no concello de Cenlle. O home, de 78 anos, achegárase á zona na que se rexistrou o suceso coa idea de protexer as viñas da súa propiedade, que estaban en perigo tras declararse un incendio forestal no lugar.

A familia, ante a tardanza da vítima en regresar á casa e non poder localizalo, alertou ao 112 arredor das cinco da tarde, mobilizándose de inmediato á Garda Civil, ao Grupo Supramunicipal de Emerxencias do Ribeiro, Urxercias Sanitarias de Galicia e ao personal do Distrito Forestal da Consellería do Medio Rural, éstes últimos foron os que localizaron a este home, xa sen vida, nunha zona boscasa, con abundancia de mimosas. Os bombeiros forestais controlaron o lume a última hora da tarde.

As primeiras hipóteses apuntan a que a vítima viuse rodeado polas chamas e non pudo fuxir ao verse sorprendido pola rápida propagación do lume.

Compartir en: