Escoita aquí “As mortes de Oseira” o programa especial de COPE O Carballiño que homenaxea ás vítimas da traxedia do 22 de abril de 1909

No 117 cabodano que se cumplen neste 2026 COPE O Carballiño emitíu a producción radiofónica desta emisora de radio que narra os feitos e que recibira no ano 2006 o premio de xornalismo Xosé Aurelio Carracedo, que cada ano convoca a Deputación de Ourense.

Desta vez, acompañou a Xan Pinal, autor do programa, Manuel Vázquez en representación da recentemente creada asociación para recuperación da memoria da comarca do Carballiño, que aproveitou a súa intervención para anunciar varias actividades que van promover arredor deste tráxico episodio histórico, entre as que figuran promover un monumento en Oseira, que recorde rinda homenaxe ás persoas que perderon a vida neste suceso cando trataban de defender o seu patrimonio parroquial.

Compartir en: