Espazo Común presenta unha batería de preguntas para aclarar “quen puxo en perigo a vida de milleiros de rapaces”

Desde esta formación politica no concello do Carballiño califican as incidencias na festa da xuventude como graves e piden ao goberno municipal que fagan unha profunda reflexión en vez de “facer un relato ficticio para que os seus secuaces e estómagos agradecidos difundan”

En concreto e para a súa resposta Espazo Común presenta ante os gobernantes do PP-PSOE unha bateria cun total de 13 preguntas:

-Por qué o Posto de Mando Avanzado (PMA) que coordina a seguridade de Festa do Pulpo marchou ás 20:00 horas –Quén é o responsable da seguridade da Festa? É a mesma persoa que na Festa das Barcias?
-Cumpliuse a lei no dispositivo organizado?
-Quén decidiu non vallar o río?
-Recolle o Plan de Autoprotección unha advertencia clara sobre o perigo da cercanía do cauce do río e colocouse unha cinta policial de urxencia cando os problemas xa eran evidentes e estaba a situación fóra de control?
-Quén é o responsable da adxudicación das barras e bar que se ubican no evento? Cumpliuse a legalidade neste procedemento?
-Estiveron os baños do evento saturados e incluso pechados durante case toda a xornada?
-Estiveron varios concelleiros despois da unha da mañá apostados entre o festival e o río para tentar evitar que a xente fose alí a facer as súas necesidades?
-Cantos efectivos de seguridade había no festival á 1 da mañá?
-Quén tomou a decisión final de suspender o evento ante a caótica situación que se estaba a producir?
-Por qué primeiro se suspendeu a actuación dos DJs e aínda así seguiron a servirse bebidas nas barras?
-Tomáronse medidas reais de control do consumo de alcohol entre menores?

Espazo Común quere que estas preguntas teñan resposta para “esclarecer os responsables técnicos e políticos do que pudo ser un desastre monumental” e advierte que “non pararémos ata que quede claro quen puxo en perigo a vida de milleiros de rapaces”.

Compartir en: