Alfonso Prado Rodríguez, falecido aos 84 anos de idade, formou parte do primeiro goberno de esquerdas da democracia no concello do Carballiño saído das eleccións locais de 1995, configurado polo bipartito entre PSOE e BNG, e no que exerceu como concelleiro de personal e tráfico no concello carballiñés.
Tamén no ámbito da política, Prado obstentou o cargo de Secretario Local do PSOE no Carballiño, sendo elexido como máximo responsable da executiva local da Agrupación Socialista do Carballiño no ano 2000, cargo no que se mantivo durante varios anos.
Xa no ámbito do deporte, Alfonso Prado formou parte da primeira etapa histórica do Club Deportivo Arenteiro, nos anos sesenta do século pasado, o seu posto era o de gardameta. Ata a última temporada pasada Alfonso foi un dos rostros máis recoñecibles na grada de Espiñedo, sendo titular do carné de socio número 4 do club.


