Flores acolle esta fin de semana a XXX Feira-Festa da Pepa Loba. Consulta aquí o programa.

Un total de 18 artesáns participan este ano na Feira Festa da Pepa Loba no barrio de Flores, este anos dedicada aos afiadores e paragüeiros, que se desenvolerá desde o venres 11 ao domingo 13 de setembro baixo organización da Asociación Cultural Tradicións e Buscas, un evento que xunta mercado tradicional, artesanía e artes plásticas, tanto en exposición como para venda, ademáis un completo programa de actividades durante os tres dias.

A programación comeza o venres 11 ás 18.00 horas coa apertura oficial do recinto para a exposición e venda de mercancías. A xornada continuará ás 20:00 h. horas en Eira de Flores cunha charla-coloquio sobre o oficio dos afiadores e o barallete, impartida polos investigadores Xosé Lois Sobrado, Laura Paz Ventanes e Pepe Campos, coñecido como “Pepe Afilador”. Pola noite do venres ás 23.00 horas na Fonte de Flores a tradicional queimada popular acompañada de animación musical.

O sábado 12 de setembro, o recinto feiral reabrirá as súas portas ás 11.30 horas. Á unha do mediodía, na Baixada a Flores, darase inicio á lectura popular da obra “A Xuventude de Pepa Loba”, de Aurelio Miras Azor. Pola tarde, a oferta cultural continuará cos xogos populares dinamizados polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, seguidos ás 17.30 horas polo campionato mixto de brisca e ás 18.30 horas por un taller de cestería guiado por Sergio Moreno. Tras o pasacalles de Trasno Arnaldo ás 19.00 horas, o prato forte chegará ás 20.00 horas coa recreación da “Baixada dá Pepa Loba e a súa gabilla”, amenizada pola música de Dar Trela.

O domingo 13 de setembro comezará ás 11.30 horas coa reapertura dos postos, a alborada do grupo Feitizo de Pau, demostracións en vivo de antigos oficios como os de zoqueiro ou cesteiro, e un taller continuo de cerámica impartido por Alén dá Ondas. Ás 11.45 horas en Fonte de Flores renovarase a lectura popular, e ás 12.30 horas en Eira de Flores disputarase o campionato de chave en categorías infantil e adulta. Tras a comida de confraternidade e o sorteo de artesanía ás 14.30 horas, a tarde incluirá máis xogos populares e un taller creativo de estampaxe ás 18.30 horas impartido por Chus Otero, antes de quea a feira chegue ao seu clausura definitiva ás 21.00 horas.


Compartir en: