Maside entra na Semana Grande das Festas de San Vitorio. Escoita aquí o programa especial de COPE O Carbaliño

O Alcalde do concello de Maside José Manuel Iglesias repasa a actualidade municipal e festiva deste verán que culmina coa coa celebración das festas de San Vitorio na propia vila, e que terán os seus dias grandes os próximos dias 27 e 28 deste mes de agosto no que andamos.

Yolanda Requejo achéganos a previa destas festas coa programación das xa clásicas noites de cine ao aire libre na Praza Maior de Maside, con cine familiar entre o dias 22 e 25 a diario ás 22 horas coas películas “Sonic 3”, “Padre no hay más que uno”, “Los tipos malos 2” e “Rondallas”. Tamén destaca como outro ano máis e coincidindo coa estas festas de San Vitorio celebraráse a Feira de Artesanía Infantil na Alameda, que chega este ano a 13ª edición.

Tamén son protagonistas neste programa de radio os novos emprendedores que elixen Maside chegados desde Venezuela, Said Antonio Blanco do bar do Outeiro Grande e Rosleidi Briseño.

Programa de Festas

O mércores 26 haberá desde as 21 h. animación musical coa charanga Excombro, e desde as 23:30 h. a xa tradicional noite de música e troula co grupo “Los Sueños de Ítaca”

O Xoves 27 de Agosto, comeza o día de festa ás 10.00 horas con bombas de palenque e pasarrúas coa Banda de Música A Lira de Ribadavia. Ás 12.00 horas celebrarase a misa e procesión. Ás 13.30 horas concerto da Banda A Lira na Praza Maior. Ás 22.00 horas dará inicio a verbena coas orquestras Ritmo Novo e Royal Espectáculo.

O Venres 28, ás 10.00 horas haberá pasacalles con Banda de Música de Boborás. Ás 12.00 horas, misa e procesión e ás 13.30 horas, concerto da citada banda. Ás 22.00 horas dará inicio a verbena coa orquestra A Fórmula e o grupo Claxxon.

O Domingo 30, día de Romaría na Rañoa. Ás 13.00 horas haberá animación coa charanga Castro Bello. Ás 20.00 horas,concertos de Five Pipers e The Blackliders.

Compartir en: