As Candidaturas Veciñais retan nestas eleccións municipais aos partidos políticos tradicionais

25, Abril 2015

O descontento coas grandes formacións políticas tradicionais ponse de manifesto nestas eleccións municipais do 24 de Maio coa aparición de 7 candidaturas no ámbito comarcal, que se autoproclaman como "veciñais" e "independentes".

Alternativa Veciñal do Carballiño presenta a Bernardo García como candidato á alcaldía, seguido nos primeiros postos da candidatura por Maria Jesusa Álvarez, Ernesto Atanasio e Patricia Ordás.

No concello do Irixo xurdiron nestas eleccións 2 candidaturas á marxe dos partidos políticos. "Polos Veciños" encabezada por José Manuel Prieto, e "Fai O Irixo" por Florentino Pérez.

En Boborás, Manuel González, como candidato á alcaldia, e Alberto Otero abren a lista electoral de "Xuntos por Boborás".

No concello de Beariz, Manuel Ogando Penela é o candidato á alcaldia bearicense por "Alternativa para Beariz".

En Punxín, Joaquín Moldes lidera a candidatura "Cambio Intelixente de Punxín".

E finalmente, no concello de Piñor, Uxío Rodríguez é o candidato á alcaldia pola agrupación de electores "Veciños de Piñor".