A Coordenadora Veciñal critica a supresión do antroido no Irixo e afirma que "O Alcalde fuxe porque ten medo"

15, Febreiro 2012

A "Coordenadora Veciñal Incineradora no Irixo Non" critica o feito de que o Concello do Irixo non organice este ano actividades festivas con motivo do antroido. Ademáis, entende que a ausencia durante os dias do antroido do Alcalde Manuel Penedo, que delegou as competencias da Alcaldia no seu "Concelleiro-Tenente" é un anticipo do que fará "se logra impoñernos a incineradora, o vertedoiro e todo o que lle ordene Estéla Eólica, daquéla marchará definitivamente", afirman.

´´Él non lle quere ao Irixo, avergonzase de ser de aquí", manifestan desde a Coordenadora Veciñal nun extenso comunicado no tamén afirman que o Alcalde do Irixo "escápalle á burla popular, él tan valente que tildou ao Alcalde do Carballiño de cobarde por situarse ao lado dos seus veciños, ténlle medo á tradición, odia a cultura, representa a barbarie incivilizada".

Esta supresión do Antroido no Irixo "lembranos moito a condea dcretada contra o carnaval durante décadas por un tal Francisco Franco", chegan a comparar desde a "Coordenadora Veciñal Incineradora no Irixo Non" e rematan manifestando a súa intención de seguir "loitando contra os que queren converter esta terra na que nacemos -chea de posibilidades limpas- no basureiro do sur de Galicia".