A Corporación de Maside concede o titulo de fillo adoptivo a Francisco Luis Bernández

17, Xuño 2010

Poeta e diplomático arxentino, e fillo de emigrantes masidaos, Francisco Luis Bernárdez será nomeado a título postumo "Fillo Adoptivo de Maside". A Corporación Municipal aprobará na sesión extraordinaria convocada para este venres dia 18 ás 12 do mediodia o expediente para o outorgamento desta distinción, recoñecendo asi a universalidade deste pesoeiro e a súa relación en vida coas terras masidás. Francisco Luis Bernárdez (Buenos Aires 1900-1978) conta cunha meritoria traxectoria como poeta, e tamén como diplomático, xa que foi Ministro na República Argentina e mesmo Embaixador en Madrid. Formou parte da Academia Argentina de las Letras, e tamén foi recoñecido pola súa labor periodística, tanto na súa estadía en España como na Argentina. Ademáis, nesta mesma sesión plenaria , a Corporación de Maside aprobará o convenio de cooperación entre a Deputación Provincial e o Concello de Maside para a execución e posta en funcionamento da depuradora nodriza de augas residuias prevista dentro do proxecto "Terras do Avia". O Concello de Maside tamén asinará outro convenio coa entidade provincial, para que ésta se faga cargo do proxecto de aforro enerxético na E.D.A.R de Maside, asi como da xestión da rede municipal de abastecemento de auga e a rede de saneamento e sumidorios, a través da sociedade provincial de auga e medio ambiente "AQUAOURENSE".