Escolares da Comarca aprenden a valorar os productos naturais e ecolóxicos

7, Xuño 2012

Baixo o lema "Se queres unha boa vida, aposta pola ecoloxía" tivo lugar a "VI convivencia de Educación Infantil" no campo da festa de Loureiro - O Irixo.  Na iniciativa participaron os colexios de Maside e Dacón, Padrenda-Crespos e Cortegada.

A convivencia tivo como temática central a defensa dos productos ecolóxicos que coa axuda das mascotas, Xurxo e Sabela, e a través de diferentes talleres, exposicións e coa visita á cooperativa Santa Mariña de Loureiro, ensinando a valorar os productos naturais e ecolóxicos, tan ameazados nos nosos días na comarca do Carballiño.

Os nenos e nenas puderon elaborar marmelada con froitas naturais, degustar productos ecolóxicos (mel, queixo, leite...), participar nun contacontos, facer manualidades e disfrutar dun teatro musical. Ao mesmo tempo que coñeceron un chisco máis a nosa cultura a través da interacción con apeiros e vehículos agrícolas.

Dende os distintos centros educativos pretendeuse que ademais de disfrutar dunha lúdica xornada de convivencia, aprenderan a importancia que a ecoloxía ten sobre a saúde.