Maside construirá unha pista de paddel-tenis

7, Xullo 2010

(Redacción. Rocío Campos) O concello de Maside convoca unha Sesión Extraordinaria que celebrará o Pleno da Corporación o día 8 de xullo ás doce do mediodía no Salón de Actos da Casa Consistorial. A convocatoria farase co obxecto de tratar os seguintes asuntos: a aprobación se procede da acta da sesión extraordinaria e urxente de data 18/6/2010, a aprobación inicial do plan parcial correspondente ó sector S.UR.D-R.6 en A Fontela para unha recalificación urbanística, a aprobación do convenio de cooperación entre a secretaría xeral para o deporte da Xunta de Galicia e o concello de Maside para a construcción dunha pista de paddel-tenis e a modificación da ordenanza reguladora de axuda no fogar do concello de Maside. Neste pleno non se presentou a moción para executar o camiño Constanza-Faquín, na parroquia de Garabás, que quedará pendente para vindeiros días.