O concello de Avión introduce novos servizos de fisioterapia

3, Agosto 2010

(Redacción. Rocío Campos) O Centro de Servizos Sociais "Alvetus" en O Sifón ven de ampliar e mellorar o servizo de Fisioterapia. Esta nova prestación estará a disposición de tódolos veciños de Avión de calquera franxa de idade por un prezo moi asequible. Desta maneira, non terán a necesidade de desprazarse para acudir a outros centros especializados, xa que dende agora o Centro de Servizos Sociais "Alvetus" conta cun equipamento fisioterapeuta cun nivel altamente cualificado con camillas articuladas, camilla especial para embarazadas, lámpadas de infrarroxos, máquinas de electroterapia, máquina de parafina, máquinas de axentes quentes e máquinas de axentes fríos.

Co novo equipamento, ademais dos tratamentos que xa se viñan realizando, tratarán as seguintes patoloxías: problemas de espalda, incontinencia urinaria, problemas reumáticos e artrósicos, esguinces, problemas circulatorios, insuficiencia respiratoria, insuficiencia cardíaca e masaxes terapeúticos, entre moitas outras.