O conselleiro de Economia, Emprego e Industria e a alcaldesa de Boborás, destacan as vantaxes que para este concello supón pertencer á rede de Concellos Emprendedores

1, Outubro 2019

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse en Santiago de Compostela coa alcaldesa de Boborás, Ana Patricia Torres. Este encontro servíu para avaliar novas vías de colaboración entre a Administración autonómica e a municipal para seguir impulsando a dinamización económica no concello de Boborás.

As políticas activas de emprego, o apoio aos autónomos e o impulso ao emprendemento foron algúns dos aspectos abordados nesta reunión, na que Conde lle agradeceu á rexedora boborense a participación na rede de Concellos Emprendedores.

Pertencer a esta iniciativa permitirálle ao concello de Boborás ter prioridade en programas de axudas vinculadas ao emprego e a formación, á dinamización comercial ou á eficiencia enerxética.

A cambio, o Concello de Boborás comprométese a rebaixas nos impostos locais de ata o 95% e a ofrecer máis facilidades no eido da tramitación administrativa para favorecer a captación de novas empresas e novos investimentos no municipio.