A oposición "plántase" e non asiste ao pleno do debate dos orzamentos municipais de 2014

28, Febreiro 2014

Ningún dos grupos da oposición municipal de asistiron a unha sesión na que únicamente estivo presente o grupo de goberno.

O único concelleiro da oposición que se achegou ata a casa do concello de Boborás, aínda que non participou no pleno, foi José Benito Trigás, do grupo MOVE, que preguntado sobre esta actitude respondeu escuetamente "cando fale Cipriano, falaréi". Este pasado xoves, en declaracións nesta emisora de radio, o concelleiro adiantara que acuduría ao pleno "pero como veciño, entre o público, e levarémos pancartas contra a subida de impostos", finalmente non foi asi.

Na sesión plenaria, o grupo de goberno do Partido Popular aprobou unha moción na que "se insta á Xunta de Galicia" para o mantemento do número de médicos no centro de saúde de Boborás, que son tres na actualidade, ainda que a inminente xubilación de Cipriano Caamaño, pode deixar o ao centro de saúde con dous médicos, debido fundamentalmente ao descenso de usuarios, consecuencia directa da perda da poboación.

No que respecta aos orzamentos para 2014, o alcalde destacou "a súa clara vocación solidaria e de axuda a todos aqueles veciños golpeados pola crise económica, por eso aumentamos a 100.000 euros a partida de gasto social, que permitirá o mantemento de servizos tales como o xantar sobre rodas, o servizo a domicilio ou a gardería infantil". Caamaño anuncio unha rebaixa do tipo impositivo do IBI urbán, que pasará do 0,66 ao 0,60 este ano, e do 0,60 ao 0,50 no ano 2015. Ademáis "e co fin de que os veciños non sufran na súa totalidade o incremento na taxa do lixo de SOGAMA, prevese unha partida orzamentaría para facer fronte a esa suba, de tal maneira que o concello asumirá con fondos propios o 45% do custo do servizo do lixo", asegurou.