Os socialistas mostran satisfacción porque "as nosas peticións para o centro de saúde foran atendidas pola Consellería de Sanidade"

17, Abril 2022

"Os socialitas alegrámonos de que as nosas reivindicacións foran atendidas pola Consellería de Sanidade, xa que no seu dia tanto os compañeir@s no Parlamento Galego Marina Ortega e Julio Torrado, asi como tamén o noso portavoz municipal Manuel Rodríguez, puxeron en coñecemento das autoridades sanitarias a problemática do centro de saúde de Leiro, que debido as restricións pola pandemia, os doentes tiñan que agardar en numerosas ocasións fora das instalacións ata ser atendidas", relatan nun comunicado dende o PSOE de Leiro.

Explican que foron moitos os usuarios que pediron aos socialistas que trasladasen esta problemática ao Sergas "unha solución para protexerse do frio, da choiva e na época estival das altas temperaturas" polo que se demandaba unha actuación para acondicionar o espazo para a espera externa", unha demanda que agora asume a Consellería de Sanidade, congratúlanse os socialistas.