Un accidente entre dous camións na N-541, en Sande, deixa unha persoa morta e outra ferida

9, Outubro 2017

Unha persoa morta e outra que resultou ferida e foi evacuada ao Complexo Hospitalario, é o balance do accidente de tráfico entre dous camións rexistrado minutos despois das 9 da mañá deste lúns na estrada N-541, á altura da localidade de Sande, no municipio de Boborás.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias moblizou aos bombeiros do Carballiño e aos efectivos do GES do concello de Avión, asi como ás asistencias sanitarias, que desplazaron ata o lugar do sinistro a un médico, ambulancia e un helicóptero medicalizado.