Unha bearicense de 72 anos sae ilesa tras un aparatoso accidente de tráfico na estrada N-541

6, Maio 2013

O automóbil que conducía saíuse da estrada despois de saltar por arriba do quitamedos e quedou envorcado sobre unha árbore, milagrosamente saíu ilesa tras o accidente.

Maria N.R., de 72 anos de idade e veciña do municipio de Beariz viaxaba soa no seu vehículo, pasadas as dez da noite regresaba a súa casa cando se rexistrou o accidente, na N-541, a altura do muniicipio do Carballiño a escasos metros da "Gasolineira e Restaurante O Xardín".

Efectivos de Protección Civil do Carballiño excarcelaron á muller, que quedou atrapada no automóbil. Foi trasladada ao PAC do Carballiño para ser sometida a un recoñecemento, aínda que non presentaba ningún sinal de ferida.