A vila de Cea contará cun novo regulamento de tráfico nas súas rúas

13, Xullo 2010

O concello de Cea comezou a instalación de sinais viales na Praza Maior e nos seus accesos, xa que según confirmaba o seu alcalde, José Luis Valladares, nas Mañás de Cope "non había ningún tipo de regulación". O seu obxectivo é regular e facer máis cómodo o tránsito tanto de vehículos como de viandantes para evitar os sustos que moitas veces levan os conductores. No entorno da Praza Maior ademais, instalarán sinais propias de aparcadoiros para non interrumpir o tráfico debido a que "moitas veces queremos meter os coches nos bares". Antes de poñer en funcionamento o novo regulamento pretenden informar a tódolos cidadáns de cómo se debe circular, de aí que as sinais viales aínda non entrasen en servizo.

O alcalde mencionou tamén o Obradoiro de Emprego e felicitou a tódolos seus monitores e alumnos. Despois de quince días de vacacións retomaron a súa labor de restauración en fornos, fontes e xardíns en todo o concello de Cea. Debido ó éxito conseguido xa se pensa nun novo obradoiro para o vindeiro ano.