Na administración local a participación de traballadores nesta xornada de folga foi nula na maioria dos concellos e apenas alcalzou o 3% no concello do Carballiño, no que dun total de 120 traballadores que hoxe podían acudir ao seu posto de traballo tan so 3 secundaron o paro convocado polos sindicatos pola problemática da vivenda e a mellora de salarios.
Na zona industrial do Carballiño, cunha masa salarial de 1350 traballadores, a practica totalidade das empresas mantiveron con normalidade a súa actividade productiva, tan so condicionada pola ausencia do transporte, e no transcurso da mañá non houbo presenza de piquetes, asi o confirmaba a esta emisora de radio o presidente de AICA, Manuel Carballeda.
Noutros sectores, tanto no comercio como na hostelería está sendo unha xornada de total normalidade, os establecementos abriron as súas portas nos seus horarios habituais e sen incidencia de ningún tipo.
O único sector no que a folga tivo seguimento foi na ensinanza, nos centros educativos -a pesar de que o transporte escolar operou con normalidade e realizaronse a totalidade dos servizos- o absentismo nas aulas por parte do alumnado foi moi alto, nalgúnhos centros de ata o 90% como aconteceu no IES Chamoso Lamas, o de maior alumnado da comarca, eso si, entre o profesorado neste mesmo centro a folga apenas foi secundada polo 22% dos docentes.


