A OPE -Oferta Pública de Emprego- do concello carballiñés ten previsto a convocatoria de novas prazas de axentes para a Policia Local. O Alcalde en Funcións fixo este anuncio despóis de compartir o malestar de oíntes do barrio de Flores que cada fin de semana veñen soportando actos de gamberrismo, entre os que denunciaron pintadas nas fachadas das casas, o pateo de portas e persianas.
Pepe Castro-Gil, que continúa exercendo de alcalde en funcións ante a prolongada baixa médica do alcalde Francisco Fumega, tamén confirmou que está xa en marcha o procedemento de licitación para a obra de reforma integral da Praza de Abastos, un proxecto que se eleva a un orzamento de 1,5 millóns de euros, e para o que se conta con financiación tanto da Xunta como da Deputación.
O rexedor repasou outros asuntos da actualidade municipal e de forma expresa fixo un chamamento a toda a poboación para extremar as medidas de prevencións ante os incendios forestais, tras dar conta da posta en marcha de dúas brigadas municipais para levar a cabo traballos de prevención e extinción nos próximos tres meses.
Aquí podes escoitar a entrevista íntegra:


