O Ano Santo Xubilar da Veracruz xa ten cartel, Himno e Oración, mentres continúan os preparativos para a súa apertura o próximo 31 deste mes de outubro

O Bispado da Diocése de Ourense acolleu o acto de presentación no que participaron o Bispo José Leonardo Lemos Montanet, asi como o Párroco Jorge Juan Pérez e o alcalde en funcións do concello carballiñés, Pepe Castro-Gil.

Tamén estiveron presente Gabriel González, o ilustrador gráfico carballiñés é o autor do cartel que inclúe o deseño propio da Cruz debuxada por Antonio Palacios e dedicada polo arquitécto ao Santuario da Veracruz, e que ademáis servirá como o logotipo do Ano Santo Xubilar.

Pola súa parte, o compositor e tamén carballiñés Abraham Santiago Reboredo, é o autor do Himno dedicado ao Ano Xubilar, e que se estreará na solemne apertura prevista para o sábado dia 31 deste mes de outubro de 2026 ás once da mañá. O himno será cantado polas tres corais que temos no Carballiño: O Orfeón, a Coral do Casino e o Coro Música Viva, co acompañamento dun Cuarteto de Corda.

Finalmente, o Bispo José Leonardo Lemos é o autor da “Oración do Xublieo da Vera Cruz do Carballiño”.

Compartir en: